Recomendámosche

CONTACONTOS " O QUIXOTE " NA BIBLIOTECA ESCOLAR 23 DE MARZO DE 2015

O DÍA 24 DE MARZO TIVEMOS UN CONTACONTOS DO QUIXOTE NA BIBLIOTECA ESCOLAR.

PARTICIPARON OS ALUMN@S DE 1º, 2º ,3º E 4º DE PRIMARIA.

PARA VER FOTOS PREME NA PRIMEIRA IMAXE PARA ACCEDER Á GALERÍA DE FOTOS DO C.E.I.P PRINCESA DE ESPAÑA DE VERÍN.

Resultado de imagen de CENTENARIO QUIJOTE DIBUJOS                  Resultado de imagen de MOLINOS DE VIENTO    

 

XA VEÑEN OS MAIOS ...!!!

Xa veñen os maios                                                                                                                                                                                         queremos contar                                                                                                

as cousas que este ano                                                                                                   

están a pasar.

 

Os maios, os maios,

a piques de chegar

son divertidos                                                                                                

e dan que falar.

 

Os de 5º e 6º

queremos viaxar

visitar Madrid

e na Warner disfrutar.

 

Tamén ir ao zoo

os museos visitar

durante os tres días

e pola noite descansar.

 

Este curso o Princesa

xa foi pintado,

levaba 30 anos

Sen ser retocado.

 

As paredes do cole

os profes están a pintar

menudos Picassos

Cando rematarán?

 

Levan dous anos

pintando no paredón

Ai de nós! Se tardamos tanto

en aprender a lección.

 

A porta do patio

non queren abrir

déixannos mollar

e fannos sufrir.

 

No castelo de Monterrei

queren facer un hotel,

xa temos un parador

e nadie o quere coller.

 

 

Non queremos hotel

no castelo

é un monumento

e defendémolo

neste momento.

 

No concello de Verín

loitamos polo castelo

e non queremos

que nel fagan un hotel.

 

No castelo queren

facer un hotel

para que o alcalde

coma o pastel.

 

Un hotel non queren

no noso castelo

por iso que esperen

a que as rás críen pelo.

 

O entroido este ano

estivo mollado

disfrazámonos de esquimós

e levamos

un peixe dourado.

 

O desfile dos colexios

tivo cor e alegría

os alumnos e alumnas

cantamos todo o día.

 

Con tanta auga

aparecen o charcos

e con tantos charcos

a beleza dos maios.

 

Na bonita primavera

medran moitas frores

gústame a natureza

con tantas cores.

 

Cada vez máis

nos está a afectar,

o cambio climático

pois témolo que solucionar

ou será dramático.

 

En España non hai traballo

pois acaban de estudar

por iso creo que hai un fallo

nos que están a gobernar.

 

En España o presidente

di que non hai probeza

parece que ten deterxente

nesa pobre cabeza.

 

En que cabeza cabe

o do avión que se perdeu

pois ninguén sabe

onde desapareceu.

 

As escolas deportivas de Verín

fan que a miúdo

sexas feliz alí podemos xogar

e na casa non molestar.

 

No colexio estamos

porque non podemos xogar

oblígannos a estudar

e sempre nos queren castigar.

 

Os nenos e nenas

gústanos xogar e cantar

mentras as mestras

lles gusta mandarnos estudar.

 

No colexio os profes

deberes nos poñen

no colexio os profes

partes nos poñen.

 

A profe Carmen

xoga ao brilé

e faino tan ben

que vai torcer un pé.

 

A profe Montse

moitos deberes pon

e se non os fas

bótache un sermón.

 

De Ourense vén

a profe Cristal

un tacón non ten

e acabou no hospital.

 

Esta mañá cediño

Cantaba unha codorniz

e no seu canto dicía

que o pases moi feliz.

 

A Verín vide

ver acudide coma raios

pois vamos poñer

na nosa praza os maios.                                                                                                           

LIBROS SOBRE OS PAÍSES DO MUNDO

PODEDES LER LIBROS FEITOS POL@S ALUMN@S DO COLE SOBRE OS PAÍSES DO MUNDO .MIRADE ESTE QUE VISTOSO QUEDOU !!!

OS ALUMN@S DE TERCEIRO DE PRIMARIA , VISITAN A RECÉN INAUGURADA BIBLIOTECA ESCOLAR !!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  OS ALUMN@S DE TERCEIRO DE PRIMARIA , VISITAN A RECÉN INAUGURADA BIBLIOTECA ESCOLAR !!!!

LETRAS GALEGAS 2012

RECOMÉNDOVOS VISITAR ESTA PÁXINA PARA CONMEMORAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.


http://www.ceipmestrevalverdemayo.es/edlg/letrasgal2012/lettrasgal2012.htm

LECTURAS RECOMENDADAS

VEN A NOSA BIBLIOTECA E MERGÚLLATE NA LECTURA

 EDUCACIÓN INFANTIL

 

PRIMEIRO CICLO

 

 

 

 

 

 

 

SEGUNDO CICLO

TERCEIRO CICLO

Distribuir contido