O CEIP Raquel Camacho gaña o concurso de exposición de carteis das Letras Galegas 2024.
Este ano homenaxeamos polo día das Letras Galegas a Luísa Villalta, unha escritora coruñesa, do barrio da Falperra.
Luísa Villalta amaba a nosa cidade, coñecía todos os seus recunchos, e a moitos deles dedicoulle poemas ou escritos.
Estudou no instituto Eusebio da Guarda e despois foi profesora de lingua e literatura galega en tres institutos.
Luísa Villalta escribiu moitos xéneros literarios como poesía, teatro, relato, ensaio e incluso artigos de opinión para a prensa.
Algo moi salientable desta autora foi o compromiso social que tivo coa Coruña, xa que era habitual a súa participación en manifestacións na cidade en contra da catástrofe do Prestige, en contra da guerra ou a prol do feminismo.
Luísa Villalta morreu moi xoven e descansa no cemiterio de Santo Amaro, xunto con outros persoeiros moi destacados como Luís Seoane, Manuel Murguía, Curros Enríquez, etc.
EDLG son as siglas do Equipo de dinamización da lingua galega, o órgano do colexio encargado de potenciar o uso da lingua galega, como afirma o noso Estatuto de Autonomía. No noso centro está integrado por: