Skip to Content

Comedor e madrugadores

NOVO TELÉFONO E EMAIL DE COMEDOR/MADRUGADORES

Poñemos en coñecemento de tod@s @s soci@s un novo correo electrónico e un número de teléfono para información e avisos do comedor e madrugadores. No número de teléfono atenderase de 7:30 a 9:00 e de 12:00 a 16:00 horas.

Correo electrónico: ceipraquelcamacho@alimentacionsaludablegallega.net

Teléfono: 679 392 678

COMEDOR - COMIDA PARA LEVAR (TAKE AWAY)

Aqueles que non conseguistes praza no comedor, lembrámosvos que tedes á vosa disposición a opción de levar a comida a casa (esta opción permítevos gozar o mesmo menú que se ofrece no comedor na vosa casa).

Para iso será necesario inscribirse na aplicación Colechef na modalidade take away (comida a casa). Debedes asegurarvos que quedades correctamente rexistrados (a aplicación fáivolo saber ao final do proceso). Para calquera dúbida podedes chamar ao teléfono de Arume 986453040 e/ou ao email soporteapp@colechef.com

Lembrade que desde que vos inscribades pasarán dous días ata que poidades levar a comida, xa que se debe xestionar a vosa petición. 

MOI IMPORTANTE!! ALERXIAS, INTOLERANCIAS ou DIETAS ESPECIAIS....Debedes avisar respecto diso mandando ao email info@arumeservicios.gal achegando o xustificante médico.

Recordamos que para darse de alta en calquera servizo que oferta Arume (comedor, madrugadores...) hai que ser socios do Anpa (formulario de alta) e subir a dito formulario de alta a declaración responsable cuberta e firmada. 

(Número conta Anpa: ABANCA ES15 2080 0097 4430 4000 2477, CONCEPTO Nome do alumn@. Soci@ Anpa: 15€/ano/familia).

LISTAXE DE ADMITIDOS/AS NO COMEDOR ESCOLAR

 

Está dispoñible no taboleiro de anuncios do centro a listaxe de alumnado admitido no comedor escolar para o curso 2021-22.

As familias que solicitaron a comida para levar a casa a teñen concedida.

URXENTE: PRAZO COMEDOR REMATA O 3 DE SETEMBRO

 

Boas a tod@s,

Como xa saberedes polo curso pasado, as reducidas dimensións do comedor quedan aínda máis minguadas para seguir o protocolo Covid-19, polo que a pesar de facer o esforzo dunha terceira quenda de comidas, vai resultar imposible ubicar no comedor todas as vosas solicitudes.

Nembargantes, ofrecemos o servizo de levar a comida á casa. Este servizo foi especialmente concibido pensando na seguridade dos nenos ante a situación de pandemia que vivimos (posto que non corren máis riscos ó non ter que compartir espazo con outros nenos fóra das súas aulas). Consiste en levar á casa o mesmo menú que se ofrece no comedor, envasado para o seu posterior quecemento. Como pais, e sempre antepoñendo a seguridade dos nenos, recomendamos esta modalidade a todos aqueles que non necesitedes deixar ós nenos no comedor por motivos de conciliación.

Polo tanto, en previsión de que o número de solicitudes superará con moito o número de prazas, vémonos obrigados a aplicar os criterios de admisión que se explicarán a continuación. Asemade, informarvos que tivemos que pedir ampliar o prazo de inscrición, e remata o 3 de setembro

Desde o Anpa queremos aclarar a todos os usuarios de comedor os seguintes puntos:

A) Criterios para adxudicación de praza no Comedor:

    1) Conciliación: Os que necesiten praza no comedor por motivos laborais terán que mandar un xustificante (ó email do Anpa, anpa.ceipraquelcamacho@gmail.com, na maior brevidade posible) conforme traballan nese horario e non lles é posible recoller os nenos do Colexio.

     2) Orde de inscrición: iranse adxudicando as prazas na orde de inscrición na aplicación Colechef, previa inscrición como soci@ do Anpa.

B) Comida a casa: Aquelas solicitudes que queden sen praza no comedor terán esta opción (que tamén poden solicitala XA quen así o desexe).

Tamén vos informamos que o Concello ten o Servizo de Canguros Municipais, que podería combinarse con levar a comida a casa. Para máis información contactade co Concello.

Lembrade que tedes ata o 3 de setembro, data tope para inscribir os vos@s fill@s no servizo de comedor, tanto na modalidade presencial, coma no servizo de levar a comida á casa.

Un saúdo,

ANPA Ceip Raquel Camacho

Distribuir contido


by Dr. Radut