Skip to Content

Taboleiro de anuncios

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

Abrimos o centro ás familias que queiran coñecernos. Por iso, convidámoste a vir ao colexio nas datas que che amosamos no cartel.

FELICES FESTAS!

Xa estamos rematando este último trimestre de 2022 no que, afortunadamente, pouco apouco fomos recuperando a normalidade perdida durante os duros anos da Covid-19. Todo o equipo docente non queremos despedir o ano sen antes agradecerlle, como sempre, a confianza depositada en nós e desexarlle moita saúde, benestar e sorte para o novo ano 2023.

Vémonos de novo o luns, día 9 de xaneiro.

FELICES FESTAS!!! 

CONVOCATORIA ACTIVIDADES NOS CENTROS CÍVICOS PARA 2023

Informámoslles da convocatoria de actividades nos centros cívicos da Coruña e en concreto das actividades programadas nos centros cívicos de Labañou e Rosales. Achegamos tamén a ligazón web onde poden ampliar a información.

ELECCIÓN DOS REPRESENTANTES DE PAIS/NAIS AO CONSELLO ESCOLAR

Hoxe luns, día 28 de novembro, en horario de 16:30 a 19:30 celébrase neste centro a votación para a elección dos representantes de pais/nais ao Consello Escolar.

Poden votar todos os pais, nais e titores/as legais que figuren no censo aprobado pola Xunta electoral e exposto no taboleiro de anuncios do centro.

Os votos serán directos e non delegables podendo votar os dous proxenitores ou titores/as legais acreditando a súa personalidade co DNI, NIE.

Nas papeletas de votación marcarase un máximo de un nome das candidatas relacionadas por orde alfabética. Finalizada a votación procederase ao escrutinio público dos votos, levantando a correspondente acta.

Animamos a todos/as a participar como unha forma máis de colaboración na organización do centro a fin de conseguir a máxima representatividade de pais/nais no Consello Escolar.

Distribuir contido


by Dr. Radut