Skip to Content

Taboleiro de anuncios

REQUIRIMENTO DE EMENDA DE DOCUMENTACIÓN DAS SOLICITUDES DE BOLSAS DE COMEDOR

Desde o 22 de xuño de 2023, está publicadas no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña a listaxe de requirimento de emenda de documentación das solicitudes da convocatoria para a concesión de bolsas municipais para o pago de comedores escolares no curso escolar 2023/2024.

Pódense consultar en:

O prazo para a presentación da documentación requirida é do 23 de xuño ao 6 de xullo, ambos incluídos, e poderá presentarse, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora, Franxa e do CCM Mesoiro), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es).

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA DO ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2023/2024

Se no neno ou nena foi admitido nas listaxes publicadas o pasado maio, deberase formalizar a matrícula entre o 20 e o 30 de xuño.

 

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL PARA O CURSO 2023-2024

Libros de texto

Educación Infantil

Educación Primaria

Listaxes de material

IMPORTANTE

Para facilitar a entrada do alumnado durante os primeiros días da clase, as familias poderán traer todo o material o xoves, 7 de setembro, de 10 a 13 horas. Farano nunha bolsa pechada e co nome escrito nela ben visible.

Educación Infantil

Falarase deste tema nas xuntanzas de comezo de curso.

Educación Primaria

Libros de lectura

Preme aquí para descargar a listaxe.

FESTIVAL DE FIN DE CURSO PARA FAMILIAS

Imaxe do último festival celebrado en 2019.

Prezadas familias:

Temos o pracer de convidalas ao festival de fin de curso que se celebrará o venres, día 16 de xuño, ás 10 da mañá no salón de actos do Ágora.

Informamos de que as fotos ou gravacións que lles fagan aos seus fillos/as, se saen outros nenos/as, débenas empregar de maneira exclusivamente persoal, non deben publicarse en internet en aberto ou redes sociais a non ser que se conte co consentimento expreso de todos aqueles que aparecen nas imaxes, ou dos seus pais/nais/titores/as legais, se son menores de idade.

Pregamos a non interferencia nas actuacións do alumnado e o maior silencio posible. Se teñen que abandoar o festival, polos motivos que sexan, procuren sentar nas últimas filas. Agardamos que gocen das actuacións.

Distribuir contido


by Dr. Radut