Skip to Content

CPinnova

ESTACIÓN DE EXERCICIOS EDUsaúde

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> Estación de exercicios

Como ben sabedes neste cole impórtanos moito a saúde, por iso e como parte do programa EDUsaúde intalamos unha estación de exercicios aberta a todo o público.

Estades todos convidados a realizar os exercicios e mellorar a vosa saúde.

Os rapaces de infantil xa comezaron, e ti?

Anímate!

CALENDARIO DE MERENDAS

Que non sabes que levar de merenda?

Pois aquír de merenda ao cole? tes unha idea! Todos e todas levaremos o mesmo.

Toma nota: 

Para beber, sempre auga. Esquece zumes, batidos e bebidas azucaradas malsanas.

E de comer:

- Luns: Ti elixes, pero algo saudable.

- Martes: Calquera froita, sorpréndenos.

- Mércores: Bocadillo, non vale de Nocilla que nos coñecemos...

- Xoves: Froita.

- Venres: Lácteos.

Lembra que a saúde é o máis importante. Cóidate!

ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Álbum: 1_CURSO 2023-2024 -> EDUCASAÚDE ALIMENTACIÓN

Todos sabemos a importancia dunha boa alimentación, entón, por que non o tomamos máis en serio?

No cole cremos nunha alimentación saudable e sostible!

É moi gratificante consumir o que plantas e estes rapaces o saben, só basta con verlles as caras. Nesta ocasión recolleron ravo para facer unha rica ensalada e verzas para o caldiño.

Que vos aproveite. E grazas a Pili e a Voz Natura por estas iniciativas tan marabillosas!

QUE LER?

Álbum: 1_CURSO 2023-2024 -> EDUCASAÚDE BIBLIOGRAFÍA

Sabías que?

No cole estamos traballando con bibliografía baseada en reducir o consumo de azucres e alimentos ultra procesados, así que moi pronto anunciaremos novidades. Estade atentos.

Aquí temos algunhas recomendacións de libros cos que estamos a traballar, que por certo tamén estarán a vosa disposición na biblioteca do centro.

Non deixedes pasar a oportunidade de collelos en préstamo, porque sorprenden!

Distribuir contido


by Dr. Radut