A EDUCACIÓN É A ARMA MÁIS PODEROSA QUE PODES USAR PARA CAMBIAR O MUNDO. (NELSON MANDELA)

Actualidade

RANILDA NA CRTVG

Na páxina infantil da CRTVG pódese ver a curta de animación "Ranilda" elaborada no noso centro por un grupo de profesorado e polo alumnado de 4º.

Máis información sobre a elaboración desta curta e o enlace ao vídeo publicado en vimeo en "Actividades de Educación Primaria, Curso 2013/2014" e tamén na "Revista Escolar" no menú Actividades no lateral esquerdo da páxina.

EXCURSIÓN FIN DE CURSO A CERDIDO

Publicadas na galería as imaxes da excursión de alumnado, profesorado e membros da ANPA do centro á área recreativa "O CASTRO" de Cerdido.

Os partidos de brilé e de fútbol, o circuíto de xogos (bolos, túnel, corda, zig-zag, bomba, o pano, paracaídas, aros...), a comida campestre e o excelente día de sol co que contamos, axudaron a que esta xornada de convivencia resultase todo un éxito.

Powered by Drupal - Design by artinet