Skip to Content

Club de Ciencia

Accedemos ao programa de innovación educativa Club de ciencia no curso 18-19 (resolución convocatoria) desenvolvendo un intenso traballo a nivel de centro con actividades como os xoves de ciencia e a I Feira de Ciencia do noso centro que foi un éxito de participación. Do mesmo xeito nese curso participamos no día da Ciencia na Rúa no Parque de Santa Margarida (Programa). No pasado curso 19-20 o club de ciencia participou na Open Science Cambre celebrada os días 21 e 22 de setembro de 2019 no entorno da igrexa de Cambre. Durante o confinamento participamos asiduamente no programa da TVG Aquelando na Casa.

 

Visita o blog do Club de Ciencia 

descrición imaxe


novas | by Dr. Radut