Skip to Content

Apertura da Biblioteca escolar polas tardes

Neste curso poderase solicitar o uso da biblioteca polas tardes mediante o enlace ao impreso que adxuntamos e que haberá que remitir debidamente cuberto ao enderezo electrónico ceip.riadoburgo@edu.xunta.gal. As condicións que rexerán o acceso á biblioteca serán as seguintes:

 

IMPRESO DE USO DA BIBLIOTECA

 

1. Quendas dispoñibles:

  • Martes e Xoves de 16h. a 17h.
  • Mércores e Venres de 16h. a 17h.
  • Martes e Xoves de 17h. a 18h.
  • Mércores e Venres de 17h. a 18h.

2. Aforo de 20 alumnos/as máximo por quenda.

3. Terá prioridade o alumnado que estea inscrito nunha actividade extrescolar da ANPA

4. A entrada e saída do alumnado farase pola porta de infantil (R. Gómez Bao)

5. O uso está destinado a alumnado de primaria.

6. A adxudicación farase por orde de recepción dos impresos e tendo en conta os puntos 2, 3 e 5 ata completar o aforo.

8. O luns 26 de setembro publicarase a lista de admitidos nos taboleiros do centro e tamén se comunicará aos solicitantes se foron ou non admitidos por abalar móbil.

 

A biblioteca estará aberta polas tardes dende o 1 de outubro de 2022 ata o 31 de maio de 2023

 

 

descrición imaxe


novas | by Dr. Radut