Skip to Content

ABALAR MÓBIL

A aplicación AbalarMóbil e a web son os medios prioritarios para os avisos e informacións do centro, polo que é moi importante que cada familia a teña descargada. As familias do alumnado de 4º de Educación Infantil, as do alumnado de nova incorporación doutros cursos e todas aquelas que aínda non o teñades, podedes descargar nos vosos móbiles a aplicación abalarmóbil. Está dispoñible na PlayStore para Android e na AppStore para IOS  Nesta aplicación podedes acceder ás faltas do alumnado, ás súas cualificacións, etc. Lembramos que para instalalo nos vosos dispositivos tedes que ter os vosos datos actualizados no centro (se hai cambios de número de móbil, de domicilio ou calquera outra circunstancia relevante, hai que comunicalo o antes posible ao centro - persoalmente ou no e-mail ceip.riadoburgo@edu.xunta.gal -).

descrición imaxe


novas | by Dr. Radut