Skip to Content

PROXECTO ERASMUS+

O noso centro participou nos dous cursos anteriores, e neste que comeza, nun Proxecto Erasmus+ (o proxecto chámase DIGITAL TECHNOLOGY, IMAGINATION, CREATIVITY AND ENTREPRENEURSHIP FOR A HIGH QUALITY TEACHING co código 2020-1-ES01-KA226-SCH094966). Parte do profesorado e alumnado do centro participou neste proxecto, que pretende relacionarse con outros centros do resto de Europa (neste caso participa a Universidade de Santiago de Compostela, a Asociación de Empresarios de Sabón e, ademais do noso, centros de Ourense, Barcelos -Portugal- e Londres -Reino Unido-) e, tamén, mellorar as competencia tecnolóxicas, matemáticas e de emprendemento. Unha das accións realizadas é a de visitas de profesorado para intercambiar experiencias educativas. O curso pasado dous mestres do centro visitaron o colexio de Barcelos e, no actual, tres mestras do centro veñen de facer o mesmo co centro de Londres. Dende o centro consideramos a formación do profesorado, o intercambio de experiencias educativas e a internacionalización da escola como elementos esenciais do noso proxecto educativo.

               

descrición imaxe


novas | by Dr. Radut