Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2023-24

A Orde do 10 de maio de 2023 polo que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado de Educación Primaria, ESO e Educación Especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023-24 recolle os seguintes aspectos:

  • Beneficiarios/as: Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:
  1. Fondo solidario de libros texto do alumnado matriculado en 3º e 4º de Educación Primaria (no caso do noso centro educativo, xa que 5º e 6º teñen E-Dixgal).
  2. Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en Educación Especial (EE), así como axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.
  3. Acudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP e EE.
  • Prazo de solicitude: Do 20 de maio ao 21 de xuño (ambos incluídos). O alumnado que se incorpore ao centro docente fóra deste prazo disporá dun mes contado a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 2 de abril de 2024.
  • Lexislación aplicable:
  1. Orde do 10 de maio de 2023 polo que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado de Educación Primaria, ESO e Educación Especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023-24.
  2. Extracto da Orde do 10 de maio de 2023 polo que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado de Educación Primaria, ESO e Educación Especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023-24.
  • Impresos de solicitude (hai que traer os dous cubertos e asinados) e a documentación complementaria que aparece a continuación:
  1. Anexos I e II  (Soamente se cubrirán estes 2. Os demais anexos non son necesarios)
  2. Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.
  3. En caso de separación ou divorcio, ademais, deberán aportar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
descrición imaxe


novas | by Dr. Radut