Skip to Content

ADMITIDOS NO SERVIZO COMEDOR PARA O CURSO 23/24

Estimadas familias:

 

Unha vez publicadas por parte da Consellería as instrucións do servizo de comedor, resultan admitidas todas as solicitudes do alumnado que xa pertencía ao centro educativo o curso anterior e que teñen dereito por área de influencia para o curso 23/24.

 

Todos os usuarios admitidos terán que cumplimentar o impreso de AUTODECLARACIÓN e envialo/entregalo asinado (é importante revisar todas as sinaturas)

 

PRAZO DE ENTREGA DE IMPRESOS:

- Vía enderezo electrónico (comedor@riadoburgo.com): Do martes 11 de xullo de 2023 ao venres 1 de setembro de 2023

- Presencialmente: Do 11 de xullo ao 21 de xullo de 2023 en horario de 10 h. a 13 h.

 
- Impresos para o servizo de comedor:



 IMPRESO DE AUTODECLACIÓN. CURSO 23/24

 

IMPRESO DE DOMICILIACIÓN SEPA. CURSO 23/24

 

Importante:

En ausencia de matrimonio ou nos casos de separación legal:
A unidade familiar está integrada polo pai ou pola nai e a totalidade dos fillos que convivan co pai ou coa nai e reúnan os requisitos da modalidade anterior (os supostos a) ou b) do apartado 1).

Polo tanto:
- Calquera outra agrupación familiar,  distinta das anteriores, no constitúe unidade familiar a efectos do IRPF.
- Ninguén pode formar parte de dúas unidades familiares ao mesmo tempo.
- O número de membros da unidade familiar realizarase atendendo á situación existente o día 31 de decembro de cada ano.  Polo tanto,  se un fillo cumprira 18 anos durante o ano,  xa non formará  parte  da  unidade  familiar  nese  período  impositivo.  Tampouco  formarán  parte  da unidade familiar o membro que falecera durante o período impositivo.
- Nas parellas de feito só un dos seus membros (pai ou nai) poden formar unidade familiar cos fillos que reúnan os requisitos anteriormente comentados (os supostos a) ou b) do apartado 1). O mesmo  criterio  é  aplicable  nos  casos  de  separación  ou  divorcio  con  garda  e  custodia compartida.”

descrición imaxe


novas | by Dr. Radut