Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E CHEQUES DE LIBROS E DE MATERIAL ÁS FAMILIAS

Está publicado no taboleiro do centro a listaxe do alumnado de admitidos e excluídos de Fondo Libros, podedes consultala en horario de 10 h a 13 h.

Os días 4 e 5 de setembro (luns e martes) terá lugar a entrega de libros de fondo (para o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria) os libros serán entregados polos titores/as no hall de entrada en horario de 9:30 a 11:30 horas

Os mesmos días farase entrega dos cheques de libros (para 1º e 2º de Educación Primaria) e os cheques de material (de 1º a 6º de Educación Primaria) a aquelas familias que o solicitaron e lles foi concedido, os cheques serán entregados en Secretaría en horario de 9:30 a 13:30 horas. Se por calquera circunstancia o pai ou a nai non pode vir, poderá autorizar a outra persoa maior de idade para que o faga (traendo unha autorización asinada polo pai/nai na que se indique nome, apelidos e DNI do pai ou nai, e nome, apelidos e DNI da persoa autorizada).

descrición imaxe


novas | by Dr. Radut