Skip to Content

RESERVA PRAZAS PARA CENTRO ADSCRITO

Bo día familias!

O día 15 de Xaneiro de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024, ambos inclusive,  ábrese o prazo de presentación de solicitudes de reserva (segundo os modelos ED550A e ED550Abis)

A reserva de praza é para o alumnado de 6º de Educación Primaria para o IES ao que estamos adscritos (no noso caso, o IES Eduardo Blanco Amor).

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). 

Opcionalmente, poderanse presentar solicitudes presencialmente no noso centro docente (en horario de Administración de 9:00 a 13:30 horas) ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

A documentación para a presentación é a seguinte:

1.Solicitude segundo o Anexo I da Orde (ED550A)

2.Anexo I-bis (ED550Abis - Comprobación de datos e consentimento da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora)

Documento acreditativo da representación: Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e as persoas proxenitoras, ou resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento (de ser o caso).

Comprobación de datos. Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente do Anexo e achegar unha copia dos documentos: DNI/NIE da persoa solicitante e, de ser o caso, DNI/NIE da persoa representante.

 

Tedes máis información na lexislación vixente

ORDEN de 21 de octubre de 2022 por la que se desarrolla el Decreto 13/2022, de 3 de febrero, y se regula el procedimiento de admisión del alumnado en los centros docentes sostenidos con fondos públicos que imparten enseñanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria y de bachillerato reguladas en la Ley orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de educación (códigos de procedimiento ED550A, ED550B y ED550C).

DECRETO 13/2022, de 3 de febrero, por el que se regula la admisión de alumnado en centros docentes sostenidos con fondos públicos que imparten enseñanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria y de bachillerato reguladas en la Ley orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de educación.

descrición imaxe


novas | by Dr. Radut