Skip to Content

ADMISIÓN E MATRÍCULA DO ALUMNADO

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2024-2025

Todo o alumnado que solicitou praza para 4º de EI obtivo praza neste centro educativo.

A praza solicitada para 1º de EP, tamén foi admitida.

As solicitudes de 6º de EI,  2º de EP e 4º de EP, deben quedar á espera da resolución de inspección educativa, xa que no centro non temos prazas vacantes.

 

NO TABOLEIRO DO CENTRO ESTÁN EXPOSTAS AS LISTAS CON TODA A INFORMACIÓN.

 

Lexislación

 

 

Prazo: entre o 1 e o 20 de marzo de 2024, ambos inclusive.

 

A solicitude de admisión farase preferiblemente por sede electrónica (modelo ED550B e ED550B-bis), tamén poderá ser entregada a documentación no centro educativo de 10 a 13 h.

 

Documentación a Anexar

-     

Fotocopia do DNI ou NIE da unidade familiar (O pasaporte só valerá no caso de non existir NIE)

-     

Fotocopia do Libro de familia.

-     

Certificado do Padrón colectivo.

-     

Calquera outra documentación que puntúe nos criterios de admisión, do artigo 13 da Orde do 21 de outubro.

 

A listaxe provisional de admitidos será o 25 de abril, despois comezan os 5 días hábiles para reclamacións, para sair finalmente a listaxe definitiva o 15 de maio.

 

Formalización de matrícula

Prazo :do 20 ao 30 de xuño no centro da praza adxudicada.

Documentación a presentar:

(No caso de ter presentada algunha desta documentación no proceso de admisión, non fará falta volver a presentala)

- Impreso de matrícula debidamente cumplimentado

- 3 fotografías do alumno/a (tamaño carnet)

- DNI do alumno/a (no caso de telo) e dos seus titores/as legais.

- Libro de familia (orixinal e copia de todas as páxinas escritas)

- Tarxeta sanitaria do alumno/a (orixinal e copia)

- Certificado médico de non padecer enfermidades infecto-contaxiosas.

- Libro de vacinas actualizado  (orixinal e copia).

 

- Nos casos de separación legal dos titores/as legais do alumno/a, orixinal e copia da resolución xudicial.

- Nos casos de solicitude de praza de comedor, debe quedar indicado no impreso da matrícula e traer a documentación correspondente para a solicitude. Os criterios para a adxudicación de novas prazas quedan recollidos na Orde do 21 de febreiro do 2007, no seu artigo 5.5. Deberase indicar a frecuencia solicitada para tal servizo no impreso correspondente

 

Prazas dispoñibles para o curso 2024-2025 a data 1 de marzo do 2024

4º de Educación infantil: 40 prazas 

5º de Educación infantil: 1 prazas 

1º de Educación Primaria: 4 prazas 

descrición imaxe


novas | by Dr. Radut