Skip to Content

Cullerciencia 2024

O sábado, 8 de xuño, entre as 12:00 e as 19:00 horas, celebraremos a sexta Edición da Cullerciencia (a Feira de Ciencia que organiza o Club de Ciencia do noso centro educativo). Haberá centros educativos de Galicia e do resto de España e diversas entidades de Ciencia. Teremos obradoiros e Charlas de Ciencia. Animamos á comunidade educativa a participar na Feira e ao alumnado e familias a colaborar no voluntariado da mesma.

descrición imaxe


novas | by Dr. Radut