PROXECTO SALVAVIDAS. O noso centro congratúlase de comunicar que, desde o día de hoxe, somos un espazo cardiosaudable. Como todos lembran, no mes de novembro comezamos o Proxecto Salvavidas, unha campaña solidaria para conseguir un desfibrilador semiautomático (DESA) para o centro. Ademáis diso conseguimos a formación necesaria para oito profesionais do colexio e a cartelería. Todo isto foi grazas á comunidade educativa, especialmente ás familias. Por todo isto, queremos agradecer moitísimo a colaboración prestada e comunicar que o desfibrilador xa está a disposición de todos/as (esperamos encarecidamente non ter que usalo) na conserxería do centro. Esta iniciativa enmárcase dentro das diferentes actividades que leva a cabo o centro a prol de hábitos de vida saudables (coma o programa de froitas frescas da Consellería de Educación que vai comezar e o do Concello de Culleredo sobre merendas saudables) e actividades de primeiros auxilios para o alumnado, profesorado e familias. Pode verse a noticia que publicou La Voz de Galicia sobre este tema no enlace https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/culleredo/2018/03/01/ria-do... e tamén no programa "A Revista fin de semana" da CRTVG no enlace http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-revista-fds-3685120 (a partires do minuto 42 e 57 segundos).