Benvidos ao CEIP Rosalía de Castro. Carril. Vilagarcía de Arousa.

CEIP ROSALÍA DE CASTRO.

CARRIL. VILAGARCÍA DE AROUSA.

 

 O Colexio Público “Rosalía de Castro” está emprazado en Carril, localidade pertencente  ao Concello de Vilagarcía de Arousa, provincia de Pontevedra.

O contorno escolar está constituido por cinco núcleos principais de poboación: Carril, Trabanca Sardiñeira, Bamio, Guillán e Vilagarcía.

  Trátase, en xeral, dun entorno rural-urbano, sendo a localidade de Carril a que reúne as características máis típicamente urbanas; Trabanca é una zona intermedia entre o urbano e o rural; Bamio é de características esencialmente rurais, así como a localidade de Guillán.

Debe terse en conta que Carril e Trabanca son núcleos de poboación que distan do centro urbano de Vilagarcía menos de 2 quilómetros.

O medio de vida é distinto en cada localidade. Así, en Carril predomina o marisqueo en pequenos viveiros. Esta actividade, xunto cos servicios, constitúe a fonte de ingresos da maioría das familias.

  En Trabanca, Guillán e Bamio a industria e mailos servizos ocupan a maioría da poboación. Cómpre subliñar que en Bamio hai un polígono industrial no que están situadas diversas empresas que dan traballo a gran número de persoas.

 -------------------------------------------------------------------

 

 

 

 

 


Distribuir contido