Skip to Content

1º Primaria, 2º Primaria, 3º Primaria, 4º Primaria, 5º Primaria, 6º Primaria, E. Primaria

VISITA Á FUNDACIÓN Mº JOSÉ JOVE

Álbum: Curso 2021/2022 -> Fundación Jove 1º E.P.

Os alumnos de 1º fomos á Fundación Mª José Jove. Alí, Patricia amosounos como ollar o arte e distinguir a arte relista da abstracta. Foi unha visita moi interesante e da que disfrutamos moito

VISITA MUSEO DE BELAS ARTES

Os alumnos de 6° visitamos o Museo de Belas Artes da Coruña. Nel aprendimos diferentes temáticas de cadros, como ollar as obras de maneira crítica, curiosidades das diferentes épocas e estilos,...e moitas cousas máis. 

Pásamolo xenial!

 

 

 

VISITA AO MUNCYT

Os días 27 e 28 de xaneiro, os alumnos de quinto de primaria realizaron unha visita ao MUNCYT. 

Percorreron distintas salas do museo: pasárono moi ben na sala Iberia onde subiron á cabina do avión "Lope de Vega", que trouxo o "Guernica" a España. Ademáis fixeron un  percorrido polos inventos do século xx: lavadora, teléfono,coche... para rematar cun tobradoiro sobre a luz con experimentos moi instructivos e divertidos.

   
 

CONCERTO DIDÁCTICO "¡VAIA CIRCO!"

Álbum: Curso 2021/2022 -> Concerto didáctico 1º e 2º E.P.

O alumnado de 1º e 2º de primaria fomos ao Palacio da Ópera para ver o concerto didáctico ¡Vaia Circo! de Odaiko Percussion Group.

Disfrutamos moito deste espectáculo no que os artistas animaban ao público a interactuar con eles.

CONCERTO DIDÁCTICO DE MÚSICA TRADICIONAL

Este  luns 17 de xaneiro os alumnos de 6º de E.P. disfrutamos dun concerto didáctico organizado polo  o Cntro Coreográfico Galego  Dun xeito práctico coñecimos instrumentos, e ritmos  da música tradicional galega.

PRIMEIROS AUXILIOS EN 6º DE E.P.

Álbum: Curso 2021/2022 -> Primeiros auxilios en 6º de E.P.

Os alumnos de 6º de primaria tiveron un taller de primeiros auxilios na aula. Parecéulles moi interesante e aprenderon moito.

GALICIA: PRAZA FORTE DO REINO DE GALICIA

Álbum: Curso 2020/2021 -> Saída cultural de 5º A e D

Os alumnos de 5º participamos, ben de xeito presencial ou de xeito virtual,  na actividade organizada polo concello "Galicia: praza forte do Reino de Galicia"

Coñecimos máis sobre os Xardíns de San Carlos, as murallas do Parrote, a Porta de San Miguel e a Porta do Clavo. 

COLABORANDO NO BARRIO

Os alumnos de 5º C percatáronse de que a mediana da calzada á altura do colexio estaba moi suxa e decidiron actuar. Comunícaronllo ao director e ao concello e coa colaboración da Policía Local limparon a mediana de plásticos, papeis, luvas, máscaras, cartóns... 

Neste vídeo podedes ver toda a explicación e fotos. 

UN PASEO POLA PREHISTORIA

Álbum: Curso 2020/2021 -> Paseo pola Prehistoria 4ºB

Os nenos de 4ºB convertíronse en arqueólogos descubrindo restos arqueolóxicos.

Cada neno traballou sobre un dos periodos: Paleolítico, Neolítico e Idade dos Metais, buscou información, fixo a montaxe dunha escena, e elaborou unha reseña sobre o seu descubremento.

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020!!



Os presentamos unha escolma de traballos realizados polos alumnos de 6º A e 6º B.

Esperamos que vos guste.

VER EN VIMEO    

Distribuir contido


by Dr. Radut