Skip to Content

1º Primaria, 2º Primaria, 3º Primaria, 4º Primaria, 5º Primaria, 6º Primaria, E. Primaria

FOLLAS DE OUTONO

¡Grazas papis! Coa vosa axuda temos a aula máis bonita.


FOLLAS DE OUTONO

¡Grazas papis! Coa vosa axuda temos un corredor moi bonito

        

                   

FOLLAS DE OUTONO

¡Grazas papis! Coa vosa axuda temos un corredor moi bonito

       

BRANCANEVES E OS OITO ROCKEIROS

Os nenos de 3º C representaron a obra de teatro "Brancaneves e os oito rockeiros" en dúas sesións: unha para os alumnos de Infantil e outra para os de Primaria no salón de usos múltiples. Un xeito novo e rompedor do conto clásico que deixounos abraiados. Máis fotos

 

NORABOA AOS GAÑADORES DA 1ª OLIMPIADA DO TALENTO

Parabéns para Josefina, Iria, Lucia, Matias, Ángel, Braulio, Néstor e Bruno, alumnos de 4º B, gañadores da PRIMEIRA OLIMPIADA DEL TALENTO, na categoría da Educación primaria, convocada pola Universidade para padres e a Fundación Repsol co seu traballo sobre aforro da auga no colexio. Noraboa tamén a D. Carlos Reboredo, representante da ANPA, por incentivar e dirixir este proxecto.  Ler máis

UNHA ÁRBORE ESPECIAL

Un grupiño de alumnos de 4º de Primaria ideou un conto titulado "Unha árbore especial" para a exposición de traballos da biblioteca do Dia do libro. Era un conto tan bonito que fóronno contar aos máis pequenos, quenes o escoitaron moi atentos.

      

RECICLANDO EN 4º A

Os nenos de 4ºA fixemos uns coches con materiais  reciclables. Divertímonos moito. Utilizamos diversos materiais como caixas, tapas, tapóns, pintura, papeis de cores... Dende aquí, animámovos a que fagades o mesmo ca nós. Emoi guay!       

                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                               

             


ORLA 6ºC

PLANTAMOS ÁRBORES EN VIOÑO

Os alumnos de 6º participamos nunha plantación de árbores no parque de Vioño. "El Club de Leones Torre de Hércules" foi o encargado de promover esta actividade na que ata houbo música en directo a cargo da alegre Tuna de Veteranos. A Voz de Galicia recolleu esta noticia na edición do día 27 de abril, prema aqui se queres acceder a ela.


5º C PROXECTO SEMENTE. JUNIO 2010

                                    RAPAZADAS S.F.

 O grupo de alumnos/as de 5ºC participamos no “proxecto Semente”. Formamos entre todos una cooperativa á que chamamos “Rapazadas S.F.” Esta cooperativa estivo formada por vinte socios. Eliximos un presidente, una secretaria e un tesoureiro.Tamén creamos uns estatutos polos que rexirnos.Dedicámonos á fabricación de manualidades feitas con abelorios, tales como aneis, pulseiras, pendentes,.. e tamén outras con fieltro como fundas para móbiles e coleteiros. Tamén tiñamos algunas plantas. Ademais de ter un nome, a empresa tiña un logotipo que deseñamos e utilizamos para poner nas etiquetas dos produtos e na publicidade.O 30 de abril recibíronnos no salón de plenos municipal o Tenente de Alcalde, Don Enrique Tello e a Concelleira Dona Obdulia Taboadela. Neste acto entregáronnos a licenza para poder vender os nosos produtos.O 29 de maio fixemos a venda no Obelisco e cos beneficios obtidos donamos o 10% á O.N.G. Equus Zebra e co resto máis una pequeña cantidade aportada por nós fomos de excursión a “Marcelle Natureza”, onde vimos e aprendemos moitas cousas dunha chea de animais.

Pasámolo xenial!

   
   

Distribuir contido


by Dr. Radut