Skip to Content

Animación á lectura

DÍA DO LIBRO 2016

 

Este ano no Día do Libro quixemos profundar na obra de  Julio Verne polo que decidimos facer unha exposición con ela no recibidor do colexio. Tamén fixemos contacontos de fragmentos da súa obra e, a partires deles, os nosos alumnos decoraron corredores e a propia exposición con distintos traballos sobre eles. Mirade que bonitos!

 

 

     

         

                      

CONTACONTOS NAS BIBLIOTECAS

Os nenos de Educación Infantil disfrutamos dunhas sesións de contacontos na Biblioteca do colexio grazas as editoriais Kalandraka e Anaya.

   

 E tamén na Biblioteca da Sagrada Familia, coas bibliotecarias e o paxaro Olé.

SEMANA DO LIBRO 2013

Co motivo do DÍA DO LIBRO 2013, o Equipo de dinamización da Biblioteca organizou unhas sesións de contacontos na Biblioteca e unha exposición de carteis elaborados por todas as aulas animando á lectura. Tamén nenas de 6º de Primaria, Carolina e Zoe,  foron as aulas de Educación infantil a contarlles o conto de Hansel e Gretel.         

 

Ver máis fotos

INVITÁMOSVOS A UN RECUNCHO DE ENSOÑO

       


    Ao longo deste curso, a biblioteca continuou co seu proceso de mellora para achegar a toda a comunidade educativa as mil e unha historias que alí se atopan. Procuramos facer a todo o mundo partícipes das actividades desenvoltas nela, tales como: o festexo de Samaín (exposición cabazas), elaboración de tarxetas de Nadal, elaboración de contos e cómics (día do libro), contacontos, fomentar a participación no Entroido...


     Por outra banda, e con intención de motivar aos rapaces e rapazas á lectura e de acudir á biblioteca, mercamos coleccións novas e de actualidade que conectan sen dúbida cos seus intereses. Para o seu achegamento promoveuse unha campaña de motivación a través dunha invitación por parte da mascota da biblioteca, "Sapientín", para facer unha visita guiada por cursos á mesma. Deste xeito, é unha vez alí os nenos/as coñeceron máis a fondo o funcionamento e organización da biblioteca, as novas adquisicións, como facer os préstamos...


    Ademáis incorporamos un "buzón de suxerencias" onde todos podedes deixar as vosas propostas de cara a mercar novas adquisións (tanto impresas como DVDs, CDs...), de actividades a desenvolver..., e que por suposto nós teremos moi en conta.


     Non queremos deixar de lembrar o importante que é ter un espazo de lectura onde os nenos/as poidan disfrutar do mundo máxico das historias, das aventuras e das imaxes que os contos nos ofrecen, favorencendo como non, o seu hábito lector.


    Por iso recordarlle os nenos/as, pais e nais, que a biblioteca é un espazo aberto e dispoñible para todos e onde o fin fundamental é que se faga un uso productivo e real do mesmo, a través do préstamo de libros, DVDs, CDs..., de pasar un rato agradable de lectura nela, do emprego dos ordenadores con acceso a internet dos que dispoñemos, de facernos novas propostas...


    Así que lembrade que todas as tardes de 16:00h a 18:00h, a biblioteca está á vosa disposicón e polo que vos invitamos a que vos acheguedes a ela e descubrades todo o que alí vos agarda.

DIA DO LIBRO

 

 

O día do libro os nenos de Educación infantil tivemos un contacontos moi especial na Biblioteca. A profe Isabel contounos algunha das aventuras de D. Quijote de la Mancha.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut