Contacontos Apmou

Este venres viñéronnos visitar dous voluntarios de Apmou, unha asociación cultural e deportiva de propietarios de mascotas de Ourense, a contarnos un contacontos dun can moi especial, Brandon.

Encantounos escoitalos e os valores que nos transmitiron, o respeto e a empatía polos animais!

Estivemos moi atentos e preguntamos moitas cousas :)

Despois do conto, fixemos un pequeno debuxo e pegámosllos a Brandón, encantounos compartir este anaco convosco Marina e Diego!

Deixámosvos unhas fotiños ;)

 

 

 

Gracias!!!!