Eva e Corre corre cabaciña

O venres pasado visitounos Eva, a mamá de Leo para lernos outro dos nosos contos favoritos, Corre corre cabaciña!

Disfrutamos moito moito da lectura e quedamos encantados de compartir con Eva un ratiño

Deixámosvos algunhas fotiños :)

 

 

Mil gracias por compartir o teu tempo connosco Eva! Esperamos verte pronto!!!

 

SEMENTIÑAS

O pasado venres viñeron ao colexio Kenia e Nuria, traballadoras do centro agrogandeiro (INORDE- Deputación provincial de Ourense) a ver os bancais e mesas que nos fixeron os traballadores do obradoiro de Carpintería do Concello de Sandiás para facer un proxecto sobre o Horto Escolar que levaremos a cabo conxuntamente coas compañeiras do PAI de Sandiás.

A idea principal e encher os bancais coa colaboracións das familias e unha vez cubertos comezar dous obradoiros un de sementeria, coidados e rego e outro sobre o compost.

Dende o CEIP e o PAI de Sandiás estamos moi ilusionados con este fermoso proxecto no que cada un puxo o seu graniño de area...

COMEZAMOS!

CHARLA SEPRONA

Hoxe tivemos a visita do Servizo de Protección da Natureza da Guardia Civil (SEPRONA). Aprendemos moito sobre a súa labor e do que nós podemos facer para coidar da nosa contorna.

Contacontos Apmou

Este venres viñéronnos visitar dous voluntarios de Apmou, unha asociación cultural e deportiva de propietarios de mascotas de Ourense, a contarnos un contacontos dun can moi especial, Brandon.

Encantounos escoitalos e os valores que nos transmitiron, o respeto e a empatía polos animais!

Estivemos moi atentos e preguntamos moitas cousas :)

Despois do conto, fixemos un pequeno debuxo e pegámosllos a Brandón, encantounos compartir este anaco convosco Marina e Diego!

Deixámosvos unhas fotiños ;)

 

 

 

Gracias!!!!

 

 

 

 

Día Mundial do autismo

Onte foi o día Mundial do autismo e dende o cole queremos normalizar a diversidade.

 

 

   Para poder acercar esta realidade ó alumnado vamos a recoller neste blogue unha serie de vídeos para coñecer o TEA.

 

 

 

E duás cancións: unha de Rap titulada "Desde mi ventana" e a outra da cantante australiana Sia que revelou en 2023 que tiña TEA.

 

 

 

 

EXCURSIÓN A CARBALLIÑO

O xoves 21 de marzo fomos de excursión a Carballiño. Pasamos un día xenial. O tempo foi espectacular. Visitamos o muíño do Anxo, á beira do río Arenteiro. Logo fomos ó Templo da Vera Cruz, despois comemos todos xuntos e por último tivemos un pouco de tempo libre para xogar nun parque. 

 

 

 

 

 

 

 

CLUBE DE LECTURA "UNHA VIDA DE RA"

O Luns tivemos a gran sorte de asistir ao Centro de interpretación do Concello da Lagoa de Antela (Sandiás) para coñecer ao autor do conto que estivemos lendo "Unha Vida de Ra" de Rafael Laso.

O primeiro de todo agradecer a Pepe e a Rafael a sua invitación. Foi un luxo poder asistir e agradecer a maneira que tivestedes de conectar cos rapaces e rapazas do cole.

 

 

Despois das presentacións estivemos lendo fragmentos elexidos polos nenos e nenas.

  

Logo estivemos explicando a metamorfose das ras a través dun debuxo feito por Andrés e Javi.

Cantamos, memoria dos sons.

E mostramos os nosos debuxos.

Gracias por convidarnos, seguro que repetimos pronto a experiencia do Clube de Lectura.

Os nosos banquiños

Esta semana estrenamos bancos novos!

En realidade estes bancos xa os tiñamos no cole pero estaban velliños e gracias aos traballadores do obradoiro de carpintería do Concello de Sandiás que os levaron e os restauraron, podemos disfrutalos de novo! 

Gracias ao Concello de Sandiás por axudarnos a mellorar o noso centro e gracias aos traballadores do obradoiro de carpintería, en especial a Antonio pola súa amabilidade e as súas boas ideas! Quedamos encantados, ímolos disfrutar moitísimo!!!

Deixámosvos unha selección de fotiños para que as disfrutedes!

 

GRACIAS DE PARTE DOS NENOS E NENAS DO CEIP DE SANDIÁS!!

 

Paqui e Os chivos chivóns

Onte tivemos a bonita visita de Paqui, a tía de Sara e Kenia que nos veu ler outro dos nosos contos favoritos, Os chivos chivóns!!!

Encantounos compartir este ratiño con ela e desexamos que volva pronto!!

Deixámosvos unha selección de fotiños 

 

Gracias Paqui por compartir o teu tempo connosco, esperamos verte pronto!

 

 

Conmemoración 8 de Marzo en Sandiás

 

Os máis cativos do colexio fixeron unha actuación a todo o centro cunha canción reivindicativa do grupo Ourensan The Tetas' Vans. Puxéronlle moitas ganas.

 

 

O alumnado de Primaria tamén participou nunha actividade a cargo de tres educadores do CRD o Viso os que lle estamos moi agradecidos.

 

Analizaron e cambiaron a letra dunha copla galega transformandoa posteriormente nunha cantiga bonita e eliminado todo tipo de vocabulario machista. Foi unha experiencia xenial.

 

 

 

Distribuir contido