XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

Coñece a nosa escola dende o 15 de febreiro ata o 15 de marzo con visitas individualizadas os luns, mércores e venres de 12:30 a 13:00h.

Chámanos de luns a venres de 12:00 a 12:30h para resolver dúbidas con respecto ao proceso de admisión que será do 1 ao 20 de marzo.

+ Info:

Telf: 988-46-52-05

Correo electrónico:ceip.sandias@edu.xunta.gal

Páxina web: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsandias/

EXPOSICIÓN HÓRREOS

Tivemos unha exposición na entrada do colexio baseada nos hórreos e tarefas de labranza pasadas. Arturo foi quen nos trouxo un montón de material sobre o tema e tamén nos explicou moitas cousas.

 

DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN

FELIZ NADAL

Agradecemos ás familias que viñeron hoxe a pasar un ratiño con todos e tamén as que mandaron algo de postre. 

Desexámosvos un Feliz Nadal e un bo comezo de ano.

Voltaremos o día 8 de xaneiro.

 

 

INVITACIÓN NADAL

O CEIP de Sandiás convida as familias do cole a uns pinchos de Nadal o día 21 de decembro no comedor do colexio. Podedes traer algo de postre para compartir caseiro ou mercado ( turrón, polvoróns, panettone, biscoito, galletas...).

Será dende as 12.30 ata as 13.30 horas.

Non haberá servizo de transporte de volta.

Deberán recoller aos nenos e nenas ás 13.30 horas.

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS E ROUPA

Dende o 14 de novembro ao 20 de Decembro ponse en marcha a campaña de recollida de alimentos e roupa para apostar por un Nadal feliz para todos e todas. Iniciativa levada a cabo por as comunidades parroquiais e concello de Sandiás. Dende o colexio apostamos por esta iniciativa colocando unha caixa na entrada para ir depositando o que vaiades traendo. Gracias por colaborar.

 

EXPOSICIÓN CEGOÑAS

Visitamos a exposición "Nosas amigas as cegoñas". Gracias a Nancy Blanco e a María Docampo aprendemos como son, onde viven, comportamento, migración e moitas cousas máis sobre estas aves. Convertímonos en verdadeiros cigüeñeir@s e imos coidar e protexer ás nosas CEGOÑAS.

 

 

 

 

CARREIRA CAMPO A TRAVÉS

@s nos@s alumn@s participaron na carreira Campo a través de XOGADE. Fixérono moi ben, son unhos campións!!!

 

25 DE NOVEMBRO: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe estivemos traballando no cole sobre a importancia da non violencia de xénero agora que se está acercando o día: Contacontos e actividades para concienciar e sensibilizar aos nenos e nenas sobre a existencia desta problemática e como poder mellorar nas xeracións futuras esta situación.

 

 

 

 

 

MAGOSTO 2023

 

MAGOSTO 2023

Distribuir contido