LETRAS GALEGAS

Celebramos o Día das Letras Galegas con diferentes actividades: lectura da vida e obra do autor homenaxeado, traballar cos murais que nos enviaron, pasatempos, xogos e para rematar @s alumn@s de 5º e 6º leron un orixinal conto que eles mesmos escribiron.

 

MURAL INFANTIL

@s nen@s de infantil están aprendendo sobre a imaxe de si mesm@s e a súa representación.

Só no rural temos o luxo de pintar fóra con un día tan bo!!

Directrices máscaras educación

Achegamos a orde da Xunta que rexe o uso das máscaras nos centros educativos de Galicia.

 

VISITA RIBADAVIA

Fomos de visita a Ribadavia e pasámolo moi ben. Paseamos polo casco antigo, visitamos o caselo e fixemos un taller de tecido.

DÍA DA ÁRBORE

Coma todolos anos plantamos a nosa árbore para conmemorar a semana da árbore e da auga.

PREMIO ESTATUTO AUTONOMÍA

Aquí temos a Víctor, o gañador do noso colexio dun premio de debuxo do Estatuto de Autonomía de Galicia.

CONTO INFANTIL

Este é un conto que fixeron os alumnos de Infantil coa mestra de AL. Pinchade no enlace para abrir. Para escoitar, tedes que pinchar en cada flechiña que hai en cada páxina.

http://view.genial.ly/623af9d010c37c0012640f21/presentacion-presentacion-land-of-magic

 

 

 

ACTIVIDADE PUMP TRACK

Este martes o alumnado de Primaria disfrutamos do circuito de Pump Track situado en Monterrei, dentro do programa XOGADE.

NON Á GUERRA

O día 9 de marzo fixemos a nosa manifestación silenciosa en contra da guerra.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Este ano celebramos o 8 de marzo con dúas actividades moi interesantes: unha a cargo de Cruz Vermella e outra CDR O VISO.

 

 

Distribuir contido