CAMPO A TRAVÉS

O venres @s alumn@s de 3º a 6º participaron na carreira de "Campo a través" dentro do plan XOGADE. Son tod@s unhos campións!!!!

 

 

SAMAÍN - HALLOWEEN

O venres 28 celebramos o Samaín. Pasámolo xenial disfrazados, facendo o truco ou trato, amosando as nosas cabazas e por todo isto recibimos agasallos.

 

 

VISITA EXPOSICIÓN "LA PALMA"

A nosa primeira saída do curso foi a Ourense para visitar a exposición "La Palma. Volcán e vida". Ensináronnos cousas moi interesantes e vimos fotos impresionantes.

 

 

COMEZO CURSO

O xoves día 8 de setembro de 2022 comezan as clases en horario habitual, de 10:00 a 16:00 horas e os venres con saída ás 14:50 horas.

Orde do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/23 publicado no DOGA o día 2/06/22

Desexámoslle un feliz curso a tod@s!

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP DE SANDIÁS COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2022-2023.

@s interesad@s en ser colaboradores do comedor para o próximo curso, deben presentar este documento no CEIP de Sandiás entre o 1 e o 5 de setembro, ambos incluidos.

GRADUACIÓNS

Este curso pasan para o Instituto Sabela, Laura e Antía. Tamén cambian de etapa Xian e Abraham, que pasan para Primaria.

 

 

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

Pasamos un día estupendo no centro ACOUGO facendo un montón de actividades.

 

OBRADOIRO DE ROBÓTICA

Hoxe tivemos un interesante taller de Impresión 3D a cargo de CAPTIOMA. Ademáis de aprender un montón de cousas, déronnos un agasallo!

 

INFANTIL VAI AO ALBERGUE

Os nenos e nenas de infantil fomos ao albergue de peregrinos de Sandiás. Alí gracias a Pili vimos e aprendemos moitas cousas.

   

DESPEDIDA DA AUXILIAR DE CONVERSA

Despedimos á nosa auxiliar de conversa, Karima. Desexamos que volva para o próximo curso. 

 

Distribuir contido