SEMENTIÑAS

O pasado venres viñeron ao colexio Kenia e Nuria, traballadoras do centro agrogandeiro (INORDE- Deputación provincial de Ourense) a ver os bancais e mesas que nos fixeron os traballadores do obradoiro de Carpintería do Concello de Sandiás para facer un proxecto sobre o Horto Escolar que levaremos a cabo conxuntamente coas compañeiras do PAI de Sandiás.

A idea principal e encher os bancais coa colaboracións das familias e unha vez cubertos comezar dous obradoiros un de sementeria, coidados e rego e outro sobre o compost.

Dende o CEIP e o PAI de Sandiás estamos moi ilusionados con este fermoso proxecto no que cada un puxo o seu graniño de area...

COMEZAMOS!