 |
 |
21/05/2012: Charlas Educa Saúde
17/05/2012: Día Internacional dos Museos
Mañá, 18 de maio, celébrase o Día Internacional dos Museos. A entrada aos museos científicos coruñeses será gratuita e haberá programación de diferentes actividades. Unha ocasión estupenda para visitalos en familia!
16/05/2012: Sección bilingüe
No centro estamos a traballar nun novo proxecto. Pretendemos crear unha sección bilingüe para o curso que vén. Estaría destinado ao alumnado de 1º curso de educación primaria (curso 2012/13).
Hoxe tivemos a reunión informativa para as familias afectadas en caso de levalo adiante. Neste
enlace podedes ampliar a información sobre a convocatoria.
16/05/2012: Día non lectivo
Recórdase que, tal como se informou a principio de curso, o vindeiro venres 18 de maio o centro permanecerá pechado. Esta foi a data aprobada polo Consello Escolar como día non lectivo (artigo 7º da Orde do 24 de maio de 2011 -DOG do 30 de maio- pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2011/ 2012, nos centros docentes sostidos con fondos públicos)
14/05/2012: Charlas Educa Saúde
09/05/2012: VI Feira Matemática
O sábado, 12 de maio, celébrase no Pazo de Exposicións e Congresos (Palexco) a VI Feira Matemática, que se pode visitar dende as 11:00 ata as 19:00 horas.Está organizada pola Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática e colaboran diversos organismos.
08/05/2012: Linguas estranxeiras 2012
Hoxe saen publicadas as listaxes de admitidos e excluídos no programa de de realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2012, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 05/03/2012).
Ditas listaxes pódense consultar neste
enlace. O prazo para reclamacións, emendas, etc. está aberto ata o 18 de maio.
07/05/2012: Charlas Educa Saúde
03/05/2012: Admisión 2012/13
Dende o pasado 30 de abril está publicada a listaxe de alumnos/as admitidos e excluídos para o vindeiro curso 2012/13. Pódese consultar no seguinte
enlace.
30/04/2012: Charlas Educa Saúde
O vindeiro mércores, 2 de maio, ás 16 horas terá lugar outra das charlas do
I Programa de Educación para a Saúde, "Educa Saúde". Nesta ocasión está destinada novamente ás familias do alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria e tratará sobre educación medioambiental e prevención de drogodependencias.
Mentras as familias asisten ás charlas, os rapaces serán atendidos por monitores nuns obradoiros emocionais.
Aqueles familiares que non poidan asistir a esa hora, terán outra oportunidade de facelo o xoves, 3 de maio, ás 19:00 no Centro Cívico.
25/04/2012: Charlas Educa Saúde
O vindeiro venres, 27 de abril, ás 16 horas terá lugar outra das charlas do
I Programa de Educación para a Saúde, "Educa Saúde". Nesta ocasión está destinada ás familias do alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria e tratará sobre habilidades sociais, ocio e tempo libre.
Mentras as familias asisten ás charlas, os rapaces serán atendidos por monitores nuns obradoiros emocionais.
24/04/2012: Becas comedor
No boletín oficial da provincia saiu onte publicada a convocatoria de becas de comedor para o curso 2012/13. Pódese descargar o texto da convocatoria e a documentación a cumprimentar no seguinte
enlace.
11/04/2012: Educa Saúde
Mañá, xoves, comeza no centro o I Programa de Educación para a Saúde, "Educa Saúde". Pola mañá, en horario lectivo, o alumnado de EI participará nuns obradoiros sobre hixiene, alimentación, prevención de accidentes... impartido por un pediatra e unha enfermeira.
Pola tarde, ás 16:00 horas en primeira convocatoria e ás 19:00 en segunda, haberá unhas charlas para as familias do alumnado de Educación Infantil, coa mesma temática e os mesmos especialistas.
Mentras as familias asisten ás charlas, os rapaces serán atendidos por monitores nuns obradoiros emocionais.
Máis adiante celebraranse obradoiros para Educación Primaria e tamén charlas para as familias. Informarase axeitadamente.
Máis información neste enlace.
30/03/2012: Período vacacións
Infórmase ás familias que o período de vacacións de Semana Santa abrangue dende o luns, 2 de abril ata o luns, 9 de abril, ámbolos dous incluídos.
As clases reanudaranse o martes, 10 de abril.
27/03/2012: Información folga
Ante a convocatoria de folga xeral para o vindeiro xoves, 29 de marzo de 2012, infórmase do seguinte:
- A Consellería establece no DOG 26/03/12 os servizos mínimos para o persoal do centro dependente desa administración: un membro do equipo directivo e un coidador de necesidades educativas especiais.
- No noso centro está prevista unha alta participación do profesorado nesta folga.
- Tendo en conta estes datos, a dirección do centro organizará a atención ao alumnado durante a xornada do 29 en función do número de mestres dispoñibles e o número de alumnos e alumnas que asistan ao centro.
- A empresa encargada do servizo de comedor comunicou ao centro que enviaría hoxe, mércores, un menú frío para atender ao alumnado de comedor do xoves.
- A ANPA decidiu suspender as actividades extraescolares da tarde do xoves 29.
02/03/2012: Xornada portas abertas
O luns, 12 de marzo, ás 17:30 horas celebrarase no noso centro a xornada de portas abertas destinada ás familias que desexen matricular aos seus fillos para o vindeiro curso. Nesta reunión darase información sobre o proceso de admisión, o proxecto educativo do centro e outros temas de interese. Pódese tamén descargar a
circular informativa sobre o centro.
01/03/2012: Sorteo letras
Resultado do sorteo público anual das letras de prioridade no procedemento de admisión de alumnado para o curso 2012/13. Acceder a través deste enlace
29/02/2012: Admisión CEIP
Dende o 1 de marzo ata o 10 de abril, ámbolos dous inclusive, está aberto o período de solicitude de praza para o curso 2012/13. Para máis información, acceder a través deste enlace
01/02/2012: Admisión IES
Dende o 1 ata o 15 de febreiro está aberto o período de reserva de praza no IES de adscrición, Adormideras. Para máis información, pulsar AQUÍ.