Taller creativo. Suso Cubeiro

O pasado martes día 22 tivemos unha visita moi especial. Estiveron connosco Mari Carmen, da aula da Natureza e Suso Cubeiro. A idea era facer un taller para crear  sinais con material de refugallo coa fin de promocionar os encoros de Abegondo.

Resultou unha experiencia moi interesante. Suso explicounos cómo podiamos reutilizar materiais que xa non eran de utilidade para facer sinais que axuden a protexer o entorno dos nosos encoros. A esto sumáronse as explicacións de Mari Carmen que nos falou de cómo hai moitas especies que acabaron sendo invasoras do noso entorno e os motivos polos que habería que coidarse delas, e tamén da importancia de coidar as que están especialmente protexidas para non perdelas totalmente.

 

Agora a quenda é nosa. Temos que adicar o mes de Decembro a decidir que queremos facer e poñerémonos á labor no mes de xaneiro.

Podedes ver máis fotos na Galería, coma sempre

Suso, Mari Carmen... Moitas grazas !!!

Powered by Drupal - Design by artinet