Actividades

BANCO DE LIBROS

O ANPA do CEIP San Marcos en colaboración con ANPA "A Lagoa" do IES de Viós e o Concello
de Abegondo organizan o "Banco de Libros". Recolleránse tódolos libros que queran donarse dos cursos dende 3ª  (incluido) ata o derradeiro curso de primaria e tódolos cursos da ESO.
Aqueles que donen libros poden recoller outros que necesiten. Por exemplo: quen done libros de 6º de primaria pode recoller os de 1º da ESO.
Avisaremos con tempo para poñer un día de entrega e un día de recollida de todos los libros.
Moitas grazas a todos pola vosa colaboración.

Powered by Drupal - Design by artinet