Normalización lingüística

CELEBRACIÓN DÍA DA LINGUA MATERNA

O día 21 de febreiro celebramos o día da lingua materna. Este ano contamos coa colaboración de pais, auxiliar de conversación e mestra do colexio, que falaron aos nenos a diferentes linguas. Búlgaro, francés, inglés e portugués escoitáronse na hora de ler deste día. A nós, os mestres, quédanos agradecer a todas as persoas a súa disposición para vir ao colexio e realizar a actividade programada. Grazas a todos. благодаря. Merci. Thanks. Obrigado.


RECOLLEITA DE CANTIGAS DE NADAL

Este ano dende o EDLG decidimos facer unha recolleita de panxoliñas e cantigas de Nadal entre todo o alumnado do colexio.

Agradecemos a vosa colaboración e aquí vos deixamos o resultado. 

OLLOS DE AULA 10

Pincha na imaxe para acceder á revista.

EXPOSICIÓN DE CABAZAS

Éxito da exposición de cabazas. Dende o EDLG gustaríanos agradecer a colaboración e participación das familias nesta actividade e animarvos a seguir colaborando en anos vindeiros.

Powered by Drupal - Design by artinet