Proxecto Abalar

Información ás familias

Deixámonosvos algunhas ligazóns para consultar con información que pode ser do voso interese. Calquera aportación ou comentario será benvido para ampliar a selección de recursos.

abalarMóbil

O centro está á formar parte da segunda fase de pilotaxe na implantación da aplicación abalarMóbil.

Para coñecer máis información preme aquí e consulta a información ofrecida pola propia Consellería.

A continuación e tal como se falou nas sesións de formación terás á túa disposición un formulario onde deixar as túas incidencias, suxerencias, dúbidas,... Estamos á vosa disposición e gracias pola vosa colaboración.

Proxectos

a21eg abalar bilingue
     
biblio  andaina  twitter
blogs

Uso responsable da rede

Publicamos a presentación realizada no colexio sobre o uso responsable de internet e dos recursos tecnolóxicos dispoñibles.

Calquera aportación será benvida e para o que precisedes aclaración aquí estamos.

Saúdos.

 

Acceso ao EspazoAbalar por DNI-e e Certificado Dixital FNMT

Ante as dúbidas xurdidas relacionadas co acceso ao espazoAbalar empregando o DNI electrónico ou o Certificado Dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre, publicamos dous videos explicativos.

Acceso empregando o DNI electrónico.

 

Acceso por Certificado Dixital da FNMT


Obtención do recibo de pago do comedor e pago das taxas.

Continuando coa liña dos videos para o acceso aos servizos do espazoAbalar, publícanse dous videos que amosan como obter o recibo de pago do comedor e como pagar a taxa do mesmo.

Para calquera dúbida quedamos á vosa disposición.

Obtención do recibo de pago do comedor.

 

Pago taxa servizo comedor gallego.


Powered by Drupal - Design by artinet