Skip to Content

TELE-TECA. RESUMO DO ANO OLÍMPICO

O curso olímpico vai chegando ao seu fin.

Os pequenos e pequenas grandes reporteiros de Visma fixeron este informativo resumo. Tomade asento e a desfrutar do seu bo facer.

Preme na imaxe para ver o vídeo.

GRADUACIÓN 6º DE PRIMARIA 2022

Os rapazes e rapazas de 6º rematan a súa etapa no colexio para iniciar unha nova no instituto.

Sodes un grupo de rapaces e rapazas activos, participativos e sempre dispostos, polo que desexamos de todo corazón que este colexio deixara en cada un de vós a mesma pegada que vós deixades aquí.

Desexámovos o mellor no que está por vir.

GRADUACIÓN INFANTIL 2022

As nenas e nenos de 6º de infantil son maiores. O próximo curso van iniciar, ilusionados e contentos, una nova etapa.

Este luns celebraron a súa graduación chea de ledicia, sorisos, emocións e actuacións. Aí tendes o vídeo para ver o que pasou.

 

TALLER DE CREACIÓN DE PULSEIRAS OLÍMPICAS

Xa está en marcha o taller de creación de pulseiras olímpicas.

Esta actividade pon de manifesto un dos máis importante valores olímpicos, o compañeirismo. Os nenos e nenas maiores axudaron aos pequenos a súa elaboración.

Un gran recorde deste curso olímpico, feito polo alumnado e para o alumnado.

Álbum: CURSO 2021/2022 -> Creación de pulseiras olímpicas

CONCURSO DE SPELLING

Os nenos e as nenas de Primaria levan varias semanas participando no concurso de spelling e esta semana están a disputar as  finais.

Moitos nervios entre os finalistas que o fixeron xenial, amosando o seu coñecemento do inglés.

Parabéns a todos e todas!!

Álbum: CURSO 2021/2022 -> Concurso de spelling

COÑECENDO DEPORTES PARALÍMPICOS. O PARATRIATLÓN.

Hoxe contamos coa visita do Equipo Promesas Triatlón ao colexio.

O alumnado de 6º de primaria puido desfrutar e aprender coas historias e experiencias destes deportistas.

Moitísimas grazas poloa visita!!!

Álbum: CURSO 2021/2022 -> Paratriatlon

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2022-2023

 

 Faise pública a relación de libros de texto para o vindeiro curso académico 2022-23. Preme na ligazón para acceder a información.

LIBROS 1º DE EP

LIBROS 2º DE EP

LIBROS 3º DE EP

LIBROS 4º DE EP

Lembramos que o alumnado de Infantil e o de  5º e 6º de Primaria, por estar dentro do programa E-dixgal da Consellería de Educación, NON emprega libros de texto.

 

SEGUIRADADE VIARIA CON STOP ACCIDENTES

Outro ano máis, como xa é tradición no noso, cole contamos coa asociación STOP Accidentes para gozar dunha mañá de patinetes, patíns, bicicletas... pero sobre todo para afondar na educación viaria dun xeito lúdico.

Moi ben o pasaron os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.

Aí tendes o álbum para ver que tal lles foi.

Álbum: CURSO 2021/2022 -> Stop accidentes

Encontro Axuda en Acción e Fundación Repsol

Xornada de encontro no CEIP San Pedro de Visma. Ayuda en Acción, Fundación Repsol e colexios participantes do programa "Aquí También" compatiron experiencias e puxeron en valor a educación social e ambiental.
.
No acto compartido interviron a directora e coordinador de medio ambiente do colexio, a directora de relacións institucionais e delegada de Galicia de @ayudaenaccion, xerente social e de voluntariado de @fundacionrepsol.


Ao finalizar, todos os asistentes fixeron un tour polo centro visitando o galiñeiro, invernadoiro, labirinto, charca anfibios e bancais onde o alumnado estaba facendo as súas acción de voluntariado diaria.

Álbum: CURSO 2021/2022 -> Encontro Axuda en Acción e Fundación Repsol
Distribuir contido


by Dr. Radut