Skip to Content

RETIRADA DE ESPECIES INVASORAS

Todos sabedes que un dos sinais de identidade do CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma é o seu compromiso co medio ambiente.

O pasado 13 de outubro o alumnado de 5º de Primaria colaborou co Grupo Naturalista Hábitat na retirada de especies vexetais invasoras na Torre de Hércules. 

Entre todos e todas podemos sumar para facer da nosa cidade un espazo mellor.

Rapaces, rapazas, moi bo traballo!!!

Álbum: CURSO 2022/2023 -> Retirada de especies invasoras

VOTA POLO NOSO PAVILLÓN

 

Necesitamos o voso voto nos Orzamentos Parcipativos do Concello de A Coruña para, entre todos, conseguir que nos melloren a nosa pista cuberta/pavillón deportivo (nº3803).

Nun primeiro momento rexeitaron a nosa proposta pero despois de reclamar, conseguimos que nola incluiran eso si, temos 48 horas para votar; dende hoxe ata mañá

Para votar simplemente tes que entrar na ligazón que poñemos a continuación, identificarte e darlle a APOIAR (poden votar todas as persoas que consideredes, maiores de 18 anos).

https://nacorunacontas.coruna.gal/budgets/6/investments/3803

Entre todos e todas podemos conseguir esta gran mellora para o colexio e o barrio!!!

Non dubides en compartir cos teus contactos esta información pare que nos poidan apoiar.

 

COMEZAMOS A PLANTAR

O noso invernadoiro xa está preparado para recibir as primeiras sementes deste curso.

Gracias ao traballo do alumnado voluntario por deixar o noso invernadoiro e os bancais a punto. Bo traballo!!!

 

Álbum: CURSO 2022/2023 -> Comezamos a plantar

SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE

Arrincamos este curso en bicicleta.

Os nenos e nenas de 6º de Primaria de Visma celebraron a Semana europea de mobilidade da man da asociación Stop Accidentes.

Os rapaces e rapazas puxeron en práctica o aprendido sobre seguridade viaria en todos estes anos e fixeron un percorrido en bicicleta polo paseo marítimo da cidade  acompañados pola policía local.

En Visma o temos claro, hai outra maneira de moverse mellor para nós e para o planeta, a bicicleta!!!

Moitas gracias a Stop Accidentes, á Policía Local, a Protección Civil e ao Concello da Coruña, por contar con nós para este día.

Álbum: CURSO 2022/2023 -> Semana da mobilidade europea

OS LUNS, FROITA

Arrinca o curso e os luns de froita están de volta en Visma. 

O fomento da alimentación saudable é un dos principais obxectivos do noso centro.

Grazas á Axuda en Acción e a Fundación Repsol, todos os luns chega ao colexio froita para que o alumnado poida consumir ao longo da semana nos recreo.

Bo proveito!!!

Álbum: CURSO 2022/2023 -> Os luns, froita

HORARIO DE ATENCIÓN DO EQUIPO DIRECTIVO - CURSO 2023/24

HORARIO DE ATENCIÓN DO EQUIPO DIRECTIVO 

CURSO 2023-2024

DIRECCIÓN:

  • De luns a venres de 9:00 a 9:50 (con cita previa).

XEFATURA DE ESTUDOS:

  • De luns a venres de 9:00 a 9:50 (con cita previa).

SECRETARÍA: 

  • Luns: 09:00 a 09:50 e de 13:10 a 13:45
  • Mércores e xoves: 09:00 a 09:50

OS XOGOS OLÍMPICOS SPV

Na derradeira semana do curso celebramos unha xenial semana olímpica. Os nenos e nenas partiparon en moitas actividades: elaboración de pulseiras, concurso de spelling, deportes de equipo... e como final de festa fixeron un acto de peche dos Xogos Olímpicos no que houbo actuacións, desfiles, entregas de medallas e diplomas...

Se querede ver o que pasou aí tendes o vídeo resumo.

 

TELE-TECA. RESUMO DO ANO OLÍMPICO

O curso olímpico vai chegando ao seu fin.

Os pequenos e pequenas grandes reporteiros de Visma fixeron este informativo resumo. Tomade asento e a desfrutar do seu bo facer.

Preme na imaxe para ver o vídeo.

GRADUACIÓN 6º DE PRIMARIA 2022

Os rapazes e rapazas de 6º rematan a súa etapa no colexio para iniciar unha nova no instituto.

Sodes un grupo de rapaces e rapazas activos, participativos e sempre dispostos, polo que desexamos de todo corazón que este colexio deixara en cada un de vós a mesma pegada que vós deixades aquí.

Desexámovos o mellor no que está por vir.

GRADUACIÓN INFANTIL 2022

As nenas e nenos de 6º de infantil son maiores. O próximo curso van iniciar, ilusionados e contentos, una nova etapa.

Este luns celebraron a súa graduación chea de ledicia, sorisos, emocións e actuacións. Aí tendes o vídeo para ver o que pasou.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut