Skip to Content

ESTREAMOS XOGOS

Temos xogos novos no colexio!!

Os patios de primaria e infantil enchéronse de cores para que os nenos e nenas xoguen e se divirtan.

Moitas gracias ao ANPA pola súa colaboración!!

 

Álbum: CURSO 2022/2023 -> Xogos termoplásticos

MERCADO SEMENTE 2023

Foron longos meses de traballo nas coperativas Eco Coruña e Arte Natural pero todo esforzo ten o seu resultado.

O pasado venres 19 de maio pola tarde foi un día de festa e traballo para os nenos e nenas de 5º de Primaria. Desde a 16:30 ata as 20:30 estiveron vendendo os seus produtos, aceites perfumados, aromáticas, pendentes, xabóns, chapas...

Parabéns a estas rapazas e rapazes e tamén os seus titores, Xulio e Rocío!!!!

Álbum: CURSO 2022/2023 -> Proxecto Semente 2023

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2023

Que gran festa para celebar o Día das Letras galegas.

Comezamos cun concerto didáctico para todo o colexio. Ademais de gozar coa música aprendemos sobre os instrumentos. Logo todos xuntos fixemos unha romaría no campo de herba amenizada por unha foliada. Para rematar invitamos ás familias ao centro para que desfrutasen dos bailes que con tanto esforzo e cariño levan os nenos e nena do colexio moitas semana ensaiando.

Foi un gran día de festa para todos e todas!!!

Álbum: CURSO 2022/2023 -> Día das Letras galegas

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2023/2024

 

Aberto o prazo para participación no fondo solidario e axudas para a adquisción de libros de texto e material escolar para curso 2023/24:

  • Prazo de presentación de solicitudes: do 20 de maio ata o 21 de xuño, ambos incluídos.
  • Forma de prestación de solicitudes: preferentemente de xeito telemático empregando a aplicación informática "fondolibros" a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, na secretaría do centro ou nos rexistros oficias.
  • Impresos de solicutude para a presentación presencial: descárgaos o anexo I e o anexo II premendo AQUÍ.

Podes ampliar esta información na seguinte ligazón  https://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros 

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2023/24

 

Publicado no tabolerio de anuncios do centro a listaxe definitiva de admitidos para o curso 2023/24.

BECAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO 2023/24

O Ministerio de Educación e Formación Profesional acaba de convocar as axudas para o curso 2023/24 para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

Cal é o prazo de presentación de solicitudes?

Do 8 de maio ao 20 de setembro de 2023

Onde se pode presentar a solicitude?

As solicitudes deberán cumplimentarse mediante o formulario accesible por internet na dirección www.educacionyfp.gob.es  ou a través das sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional (https://sede.educacion.gob.es).

As persoas solicitantes que non dispoñan de firma dixital poden  imprimir e presentar a solicitude, xunto co resto de documentación, na secretaría do centro no que o alumno/a vaia realizar os seus estudos no curso 2022/23.

Podes ampliar a información na seguinte ligazón https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html

 

PROXECTO SEMENTE 2023

 

O Proxecto Semente 2022/23 organizado polo Concello de A Coruña está chegando ao seu fin. Os nenos e nenas de 5ºA e 5ºB levan meses traballando na súas cooperativas, EcoCoruña e Arte Natural, facendo todo tipo de produtos artesáns.

Este venres 19 de maio desde as 16:30 ata as 20:30 horas  estes grandes emprendedores e emprededoras estarán, xunto con outros colexios do concello, na Praza de María Pita  para vender os seus produtos artesáns nos que levan meses traballando.

Desde o CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma queremos convidarvos a todos e todas a achegarvos polos postos da súas cooperativas.

 

Contamos con vós!

ANDAINAS DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA

Os alumnos e alumnas de Visma puxeron a proba a súa resistencia e saíron a camiñar polos espazos verdes da contorna e os parques para celebara o Día da Eduación Física na rúa.

O alumnado de primaria fixo unha andaina polo barrio de Visma e o parque Adolfo Suárez, mentres que os pequenos e pequenas de infantil camiñaron polo parque dos Mariñeiros e polo percorrido do colexio.

Álbum: CURSO 2022/2023 -> Andainas Día da EF

DÍA DO LIBRO 2023

O día 24 de abril celebramos o Día do libro facendo un apadriñamento lector. Os rapaces e as rapazas maiores prepararon un conto na súa casa que logo lle leron aos seus pequenos afillados e afilladas.

Aí vai unha mostra do que acontaceu.

 

Álbum: CURSO 2022/2023 -> Día do libro
Distribuir contido


by Dr. Radut