Skip to Content

XUNTANZAS INICIO DE CURSO COAS FAMILIAS 2023/24

 

As datas das xuntanzas do resto dos cursos, así como a información básica para as familias para o primeiro día lectivo será facilitada a través de Abalar e desta páxina web antes do 8 de setembro.

RECOLLIDA DO CHEQUE DE LIBROS E MATERIAL

As familias ás que lles foi concedido o cheque de libros e/ou materia escolar poden recollelo na secretaría do centro ata o 12 de xullo de 10 a 12:30 horas.

No caso de non poder recollelo neste período tamén se poderá facer no mes de setembro.

Pódese autorizar a recollida a unha terceira persoa, para iso esta debe presentar unha fotocopia do DNI e unha autorización como a seguinte:

Don/dona .................................................. con DNI..........., proxenitor/a, titor/a do alumno/a............................  autorizo a Don/dona.............................. con DNI a recollero o cheque de libros e/ou material escolar.

Sinatura da persoa que autoriza.

 

FONDO DE LIBROS: PUBLICADA A LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS

Publicada a listaxe provisional de admitidos e excluídos do fondo de libros no taboleiro de anuncios do centro.

  • Período de consulta: ata o 10 de xullo, incluído, de 10 a 12:30 horas.
  • Período de reclamación: ata o 10 de xullo, incluído, de 10 a 12:30 horas.

A consulta so poderá facerse de xeito presencial no centro segundo se recolle no artigo 13 da ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar

PUBLICACIÓN RECTIFICACIÓN LISTAXES EMENDA DE SOLICITUDES DE BOLSA COMEDOR CURSO 2023/2024

 

Hoxe 28 de xuño de 2023 publicouse no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, unha rectificación das listaxes de emenda das solicitudes presentadas á convocatoria para a concesión de bolsas municipais para o pago de comedores escolares no curso escolar 2023/2024. Pódense consultar en:


A listaxe cos requirimentos de emenda de documentación, identificarán as solicitudes atendendo ao número de expediente asignado e se referirá á acreditación do cumprimento de requisitos do apartado 6 e documentación do apartado 10 da convocatoria (en caso de non atender a este requirimento ou non facelo adecuadamente SI terase por desistida a solicitude); así como da corrección da documentación xustificativa doutras circunstancias a  valorar distintas da situación económica da unidade familiar do apartado 11 (en caso de non atender a este requirimento ou non facelo adecuadamente NON se terá por desistida a petición).

Amplíase o prazo para a presentación da documentación requirida ata o 12 de xullo, incluído, e poderá presentarse, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora, Franxa e do CCM Mesoiro), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Graduacións 2022-2023

Deixámosvos un pequeno resumo do pasado martes, 20 de xuño; día no que fixemos a festa de graduación dos nenos e nenas de 6º de Ed. Infantil e 6º de Ed. Primaria.

 

Moita sorte na vosa nova etapa.

MATRÍCULA PARA O CURSO 2023-24

Que prazo?

Do 20 ao 30 de xuño, ambos incluídos.

Que documentación hai que presentar?

  • Impreso para a formalización da matrícula que pode descargarse premendo AQUÍ.
  • Impreso para a actualización de datos AQUÍ.
  • Dúas fotografías actualizadas tamaño carné.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  • Cartilla de vacinación actualizada.
  • DNI do alumno/a (no caso de telo).
  • En caso de divorcio ou separación, copia cotexada (pode realizarse no propio centro) da setenza xudicial e/ou do convenio regulador onde conste a custodia do alumno/a.

Onde presentar a documentación?

Na secretaría do centro.

Visita ANPANXOGA

Continuando coa celebración do Día Nacional  das Linguas de Signos Españolas, onte visitounos a presidenta de Anpanxoga.

Durante a visita realizamos diversas actividades como  contacontos signados e talleres de sensibilización da Lingua de Signos Española nos que, con Isolina, aprendemos unha morea de vocabulario en L.S.E. e curiosidades sobre a Comunidade Xorda.


Moitas grazas por este taller tan especial. Desexamos repetir esta inolvidable experiencia o curso que vén! Voltade ao noso cole con Ishi porque todos/as queremos pintarnos as mans de moitas cores.

 

Día Nacional das Linguas de Signos - 14 de xuño

O pasado 14 de xuño celebramos o Día Nacional das Linguas de Signos.


Aquí dende San Pedro de Visma, querémolo celebrar coa presentación do noso novo programa en Lingua de Signos, Sígnocho EU!( unha versión do xa mundialmente coñecido Dígocho EU!). Ao longo destas xornadas teremos diversas actividades relacionadas con esta marabillosa Lingua que emprega unha parte importante da Nosa Comunidade Educativa.


Esperamos que vos guste e que nos sigades o curso que vén en novas edicións.
Un GRACIAS a todo o alumnado que fixo e fai posible este proxecto, sen eles, sen á súa paciencia ,entusiasmo e gran esforzo non sería o  mesmo.

Rapazada! Tedes  un sentir cheiño de amor que explota e rebota, que nos belisca a alma empuxándonos  con máis ganas a seguir traballando e latexando con paixón por e para todos vós.


Vémonos polos pasillos! Sígnocho EU!
Equipo de ILSE do CEIP Pl. San Pedro de Visma.

 

FAI CLICK NA IMAXE PARA VER O RESULTADO.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2023-24

Faise pública a relación de libros de texto para o vindeiro curso académico 2023-24. Preme na ligazón para acceder á información.

LIBROS 1º DE EP

LIBROS 2º DE EP

LIBROS 3º DE EP

LIBROS 4º DE EP

Lembramos que o alumnado de Infantil e o de  5º e 6º de Primaria, por estar dentro do programa E-dixgal da Consellería de Educación, NON emprega libros de texto.

Distribuir contido


by Dr. Radut