Skip to Content

Ed. Física

CIRCUITO CORUÑA CORRE

 

A X edición co Circuito de Carreiras Populares "Coruña Corre" está de volta. O circuito consta de sete carreiras polos diferentes barrios da cidade.

Desde o colexio queremos animar a todos os nenos e as nenas a participar. Ademais, como en anos anteriores, podedes correr representando ao colexio. É tan sinxelo como, no momento de facer a inscrición, seleccionar o noso colexio, CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma.

As datas das carreiras son as seguintes:

  • XII Carreira Popular Torre de Hércules: 18 de marzo
  • XV Baixada Popular de Cross de San Pedro de Visma: 7 de maio
  • XI Carreira Popular Os Rosales: 21 de maio
  • VII Carreira Popular Matogrande: 25 de xuño
  • XI Carreira Popular Volta a Oza: 10 de setembro
  • VIII Carreira Popular Ventorrillo: 22 de outubro
  • XI Carreira Popular Novo Mesoiro: 26 de novembro

Para ter máis información preme na imaxe.

 

O ATLÁNTICO, PARTE DE TI. COÑECECENDO A VELA

O alumnado de 5º de Primaria puido coñecer gracias ao programa do Concello de A Coruña, "O Atlántico parte de ti", a vela. 

Non o fixeron nada mal estes regatistas de Visma.

Preme na imaxe para acceder ao álbum.

Álbum: CURSO 2022/2023 -> COÑECECENDO A VELA 5º

BAILANDO E CORRENDO POLA PAZ

Non hai mellor xeito de celebrar o Día da Paz e a non violencia que colaborando e cooperando.

Este ano fixemos días actividades un baile e una carreira colaborativa.

No caso da carreira o colexio tiña un obxectivo común, encher un mural escribindo a palabra paz en menos de 7 minutos. Para iso os nenos e nena correron por parellas agrupando clases os de 6º cos pequenos de 4º de infantil, os de 5º cos de 5º de EI, 4º con 6º de EI... 

O reto foi máis que superado, pero sobre todo os nenos e nenas foron un exemplo de colaboración e traballo en equipo.

Álbum: CURSO 2022/2023 -> PAZ

ANDAINA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O alumnado de Visma sumouse ao 25-N para reivindicar esta data tan sinalada.

As nenas e nenos analizaron contos, percorreron quilómetros no #camiño ao respecto e entre todas e todos fixeron os lazos da  NON VIOLENCIA.

Ogallá, entre todas e todos consigamos que o 25-N deixe de ser necesario.

Álbum: CURSO 2022/2023 -> 25N

EXHIBICIÓN DE TROMPOS

O pasado xoves día 10 tivemos a gran sorte de contar no noso cole coa visita de Omar, campión do mundo e de México de trompos.

Os nenos e nenas de todos o curso foron pasando a ver os impresionantes xogos e trucos de Omar co trompo. A verdade é que tanto os nenos e  nenas como os profes quedamos coa boca aberta.

 

Álbum: CURSO 2022/2023 -> Exhibición de trompos

COMENZAMOS A COÑECER A CORUÑA


Xa temos todo listo para comezar a camiñar e coñecer a nosa cidade, A Coruña.

Ao longo do curso realizarmos 15 roteiros que nos levarán dende o colexio ata os seguintes lugares emblemáticos da cidade:

  • Parque do Mariñeiros
  • Estadio de Riazor
  • Estación do tren
  • Cidade Vella
  • Porto
  • Obelisco
  • Mercado de San Agustín
  • Parque de Santa Margarita
  • Torre de Hércules
  • Castelo de San Antón
  • Castro de Elviña
  • Praia de Riazor e Orzán
  • Monte de San Pedro
  • Portiño e Praza de María Pita

Para percorrer cada rotiero adicaremos dúas semanas, saíndo a camiñar ou  correr a diario polo percorrido de 500 metros que temos marcado no colexio. As voltas que fagades debedes apuntalas na táboa que está na entrada do colexio. Unha vez rematado o roteiro poderedes escoitar o que investigaron as vosas compañeiras e compañeiros do lugar emblemático de destino.

 

RECREOS ACTIVOS

Que ninguén quede sen xogar!

Este curso todo a alumnado do centro contará con caixas de material deportivo por cursos para empregar no tempo de lecer. Xogos tradicionais. pelotas, aros, cordas, instrumentos musicais, malabares... encherán de xogos e actividade os nosos patios.

Os propios alumnos farán quendas de responsables que se encargarán da xestión das caixas.

Álbum: CURSO 2022/2023 -> Recreos activos

SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE

Arrincamos este curso en bicicleta.

Os nenos e nenas de 6º de Primaria de Visma celebraron a Semana europea de mobilidade da man da asociación Stop Accidentes.

Os rapaces e rapazas puxeron en práctica o aprendido sobre seguridade viaria en todos estes anos e fixeron un percorrido en bicicleta polo paseo marítimo da cidade  acompañados pola policía local.

En Visma o temos claro, hai outra maneira de moverse mellor para nós e para o planeta, a bicicleta!!!

Moitas gracias a Stop Accidentes, á Policía Local, a Protección Civil e ao Concello da Coruña, por contar con nós para este día.

Álbum: CURSO 2022/2023 -> Semana da mobilidade europea

OS LUNS, FROITA

Arrinca o curso e os luns de froita están de volta en Visma. 

O fomento da alimentación saudable é un dos principais obxectivos do noso centro.

Grazas á Axuda en Acción e a Fundación Repsol, todos os luns chega ao colexio froita para que o alumnado poida consumir ao longo da semana nos recreo.

Bo proveito!!!

Álbum: CURSO 2022/2023 -> Os luns, froita

AXENDA OLÍMPICA MAIO

Distribuir contido


by Dr. Radut