Educando no Monte 2019

Etiquetas :

O pasado martes fixemos unha plantación simbólica no bosque do colexio organizada pola Mancomunidade de Montes na que contamos coa axuda do alcalde de Vigo, Abel Caballero. Xuntos lembramos os incendios que causaron tantos estragos hai dous anos e coincidimos en que, xuntos, podemos recuperar a nosa contorna.

"Manolo" e "Maruxa", castiñeiro e nogueira respectivamente, foron os nomes propostos por Eduardo de 5º para bautizar a estas dúas árbores que xa forman parte do noso patio e que coidaremos con mimo de agora en adiante.

Na Sobreria seguimos...PENSANDO EN VERDE!!!!

Clica AQUÍ para ver máis fotos


Feito con Drupal 6

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design