PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA - DAFIS

 Este curso participamos por primeira vez, co alumnado de 1º e 2º de Primaria, en DAFIS (Datos sobre a valoración da Condición Física Saudable), enmarcado no Plan Galicia Saudable. Os protocolos de valoración pretenden medir aquelas cualidades físicas e psicomotoras que está demostrado que gardan relación coa saúde (forza, resistencia, flexibilidade e axilidade-velocidade). Estos datos permítennos coñecer en qué estado físico se atopa cada alumno/a. Esta valoración é fundamental para coñecer e facer un seguimento dos seus valores de condición física, a partir dos cales poder deseñar actuacións adaptadas ás súas necesidades. A continuación, presentamos algunhas das probas físicas que forman parte do protocolo:

 

  • CARREIRA DE IDA E VOLTA 4 x 10 METROS (para valorar a velocidade, a axilidade e a coordinación).

  • PRENSIÓN MANUAL (para valorar a forza máxima isométrica).

  • BACK-SAVER SIT AND REACH (proba de flexibilidade).

  • SALTO HORIZONTAL COS PÉS XUNTOS (para valorar a forza explosiva do tren inferior).

  • SUSPENSIÓN COS CÓBADOS FLEXIONADOS (para valorar a resistencia a forza do tren superior).

  • E tamén medímonos e pesámonos para calcular o índice de masa corporal (IMC).