Convocamos como cada ano o Concurso de Fotografía de Solanas.
Asociado co Proxecto de Biblioteca "O mundo máxico de Harry Potter", vos propoñemos crear un ANIMAL FANTÁSTICO (mascota, peluche, xoguetes,...), facer unha FOTO e enviala ó mail: solanas.concursos@gmail.com
Dentro da materia de Educación Física, durante unha sesión semanal, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria poden ter clases de natación na Piscina Municipal de A Guarda.
É unha actividade desevolvida polo Concello de A Guarda para o alumnado de 3º ciclo que non se podía realizar dende fai dous anos.
O Plan Xogade é unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia que ten como obxectivo achegar ao alumnado a posibilidade de practicar e competir, en diferentes deportes, no ámbito escolar.
Os nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria realizaron unha xincana, onde nun circuito tiñan que superar unha serie de obstáculos e probas nas súas bicicletas.
Estamos a crear laboratorios vivos nos que os nosos alumnos/as poden desenvolver novas capacidades, partindo dos seus intereses e potenciando o traballo interdisciplinar.
Aquí tedes os nosos primeiros formigueiros en primaria.
O Programa "Navega con Rumbo" é unha iniciativa encamiñada a que os escolares naveguen con tino pola Rede, é dicir, con seguridade, evitando o ciberacoso e outros riscos de internet.
O alumnado de 5º e 6º de primaria tivo unha charla cun enxeñeiro informático da Consellería que lles falou do divertido e útil que é internet pero tamén dos seus perigos.
O alumnado e profesorado do colexio puido vir en bicicleta ou patinete neste día sobre rodas.
Os nenos e nenas de infantil e de 1º a 3º de primaria tiveron circuitos no pavillón, mentres que de 4º a 6º de primaria saíron a facer diferentes rutas.
O 2 de maio conmemórase o Día Internacional contra o Acoso Escolar coa finalidade de concienciar sobre o acoso escolar que afecta a moitos rapaces e rapazas.
Hai moitos tipos de acoso escolar: ciberacoso, bloqueo social, intimidación, manipulación, agresións, ameazas, homfobía...
O "bullying" é calquera forma de maltrato verbal ou físico entre o alumnado de xeito reiterado e ao longo dun tempo.
O alumnado de 6º de primaria fixo un rap para recordar que temos que ser valentes e denunciar se o sufrimos ou coñecemos a alguén que o sofre.
Bos días radio oíntes!! O pasado 23 de abril foi o día de libro e non pudimos deixar voar esta magnífica ocasión para elaborar un programa de radio centrado nos... LIBROS!! Dádelle ao play e "comédevos" toda a información que nos traen xs nosxs treboeirxs!!
Coma cada venres, aquí está de novo... Radio Treboada! Desta vez, informando e reflexionando sobre unha triste realidade que acontece nalgúns centros educativos: O ACOSO ESCOLAR. Click no "play" e... conciénciate ti tamén!