Estamos a crear laboratorios vivos nos que os nosos alumnos/as poden desenvolver novas capacidades, partindo dos seus intereses e potenciando o traballo interdisciplinar.
Aquí tedes as nosas novas casiñas de páxaros na zona do patio sensorial. Esta actividade foi un traballo colaborativo entre diferentes clases:
Estamos a crear laboratorios vivos nos que os nosos alumnos/as poden desenvolver novas capacidades, partindo dos seus intereses e potenciando o traballo interdisciplinar.
No mes de abril tivemos moitas actividades adicadas ao libro:
Lectura de familias ao noso alumnado: "Familias que contan".
Os nenos e nenas de 6º de primaria contan contos teatralizados a aos seus compañeir@s dende infantil ata 5º primaria.
"Libros que buscan fogar", unha iniciativa solidaria de libros do espurgo da nosa biblioteca que foron colocados en caixas por puntos da vila para quen os queira coller.
Feira do libro; cada neno/a trouxo un libro da sùa casa e fixo un troco cun compañeiro/a.
O alumnado de 3º e 4º de educación primaria fixo unha saída a Sala Ártika a ver a obra "A illa da lembranza" e ao Museo Liste que acolle unha colección de máis de 2000 pezas da cultura material e espiritual de Galiza.
O alumnado de 6º de primaria fixo diferentes experimentos científicos con imáns para traballar o magnetismo que é un fenómeno físico polo que os obxectos exercen forzas de atracción e repulsión sobre os materiais.