Treboeiras e treboeiros... aquí está de novo... Radio Treboada!! Un programa máis e xa chegamos ao programa número 14!! Adicado, como non podía ser doutra maneira nesta semana tan importante, ás Letras Galegas! Moitas grazas a todxs xs participantes por facelo posible! Click no "play" e... a desfrutar!!!
Proxecto iniciativa do CEE San Xeróme con otros centros do Baixo Miño: CEIP Pintor Antonio Fernández (Goian), CIP Manuel Suárez Marquier (O Rosal), CEIP Manuel Rodríguez Sinde (A Guarda), Colexio San José (A Guarda), CEIP A Sangriña (A Guarda) e Colexio PP Somascos (A Guarda).
O noso centro fixo unha recollida de microplásticos co alumnado de educación infantil na Praia de Fedorento e o profe Jorge creou unha obra coa recollida.
Este ano participamos no Programa de Consellería de Educación CP INCLÚE na súa actuación EMOCIÓNA-T.
Fai uns días a artista local Tamara Baz pintóunos un mural na fachada de Educación Infantil: "O paraugas da amizade". A idea é transmitir o paraugas como lugar para solucionar conflictos. Unha metáfora de protección; cando estamos c@s amig@s sentímonos cómod@s, acompañad@s e segur@s.
Convocamos como cada ano o Concurso de Fotografía de Solanas. Asociado co Proxecto de Biblioteca "O mundo máxico de harry Potter", propuxemos crear un ANIMAL FANTÁSTICO (mascota, peluche, xoguete...), facer unha FOTO e enviala. Moitas grazas a tod@s os participantes.
Dentro da materia de ciencias naturais, o alumnado de 6º de primaria tivo que crear unha maqueta cun circuito eléctrico empregando; pila, cables, bombilla e interruptor.Fixeron uns traballos moi bos.
Moi boas radiooíntes! Aquí está de novo Radio Treboada! Desta vez, para conmemorar o día internacional do xogo infantil! Pero non só iso, senón que traemos unha entrevista moi... descubrídeo por vós mesmxs dándolle click ao "play". Adiante programa!!