Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

CASIÑA DO RATO PÉREZ: 1º primaria

A aula de 1º primaria é máxica. Nestes días apareceu a casiña do rato Pérez.

 

A MATERIA E AS SÚAS PROPIEDADES: 3º de primaria.

O alumnado de 3º primaria traballa a materia e as súas propiedades.

 

EXPERIMENTO COMO INFLAR GLOBO CON VINAGRE E BICARBONATO: 2º primaria

O alumnado de 2º primaria na súa hora de ciencias da natureza fai o experimento de inflar un globo con vinagre e bicarbonato.

 Preme nas imaxes para ver o experimento.

 

CADERNO DE ARTE DO ALUMNADO DE 4 ANOS.

O alumnado de 4 anos leva todo o curso traballando diferentes pintores; Picasso, Keith Haring, Salvador Dalí, Van Gogh...

Aquí podedes ver as versións que fixeron de cadros famosos.

CLUBS DE LECTURA de BiblioSolanas no mes de Abril

O mes de abril é o mes adicado aos libros dende BiblioSolanas.

Os nosos clubs de lectura de adultos e de alumnado tiveron diferentes actuacións.

O Club de Lectura de 6º de primaria "Alohomora" comparte xantar, risas, lectura e traballo!

"El retrato de Carlota" de Ana ALcolea.

CLUB DE LECTURA 6ºA CLUB DE LECTURA 6ºB
 

O club de lectura de adultos "Salitre" tivo unha merenda para falar sobre o libro "El viñedo de la luna".

 

PREME NAS IMAXES PARA VER O VÍDEO.

CORRENTE ELÉCTRICA: 6º de primaria

O alumnado de 6º de primaria aprende os compoñentes e a construir un circuito eléctrico.

Un circuito eléctrico é un conxunto de elementos conectados entre si que permiten xerar corrente eléctrica, transportala e utilizala para transformar a electricidade noutro tipo de enerxía.

Empregamos xogos educativos de kits de electrónica con circuitos e con proxectos de electricidade con interruptores, conectores que producen sons, lampadas e alarmas.

Un dos xogos é de enerxías renovables que permite crear o teu propio xerador de enerxía manual, eólica, interruptores LED e lampadas, anemómetro...

Ademáis cada neno e nena tivo que construir o seu propio circuito eléctrico.

"COÑECE + TEU AEROPORTO"

Son visitas guiadas as instalacións aeroportuarias no Aeroporto de Vigo dirixidas ao alumnado de educación primaria.

O venres 5 de abril foron o alumnado de 3º e 4º de primaria e o 12 de abril os de 1º, 2º e 5º de primaria.

Poideron visitar a terminal, aos bombeiros, unha exhibición do halcoeiro...

VISITA DO ALUMNADO DE

3º E 4º PRIMARIA

VISITA DO ALUMNADO DE

1º, 2º E 5º PRIMARIA

 

 PREME NAS IMAXES PARA VER AS VISITAS.

GLADIATOR FAMILY SOLANAS: ANPA OS MUIÑOS

APRAZADO ATA SETEMBRO

 

A ANPA OS MUIÑOS CELEBRA O DÍA DO DEPORTE CUNHA GLADIATOR KIDS O 6 DE ABRIL ÁS 16:30H.

 

O día 6 de abril conmemórase o Día do Deporte, e para celebralo a ANPA OS MUÍÑOS, do Colexio As Solanas quixo realizar unha actividade lúdica para gozar en familia. Trátase dunha carreira na que se pode participar en familia (as nenas e nenos poden participar acompañados pola súa nai ou pai) e na que se irán superando obstáculos de diversa natureza: arrastrarse polo chan, subir empalizadas, etc.

En compensación do esforzo, ademais da diversión asegurada, os participantes recibirán unha medalla e un pequeño avituallamento de auga e froita, e a participación no sorteo de material deportivo por cortesía das tendas deportivas da Guarda (Paddy Sport e Atmosfera Sport).

Dende a ANPA animamos ás familias do centro a participar, sendo preciso facer inscrición previa no seguinte enlace: https://forms.gle/XbTznGMmW2JnMTAJA.

Probas como estas se realizaron na nosa contorna en paraxes como a Explanada do Horizonte ou a Alameda con grande éxito de participación e convertíndose en xornadas moi amenas e divertidas

A participación é gratuíta para os socios. Aquelas familias non socias poden facerse socias o mesmo sábado 6 para poder participar. Lembramos que a cuota de socio é 15€/ano por familia, independentemente do número de nenos escolarizados e da dereito a participar en tódalas actividades e servizos que organiza a ANPA: aula madruga, comedor, actividades, Festa de Fin de Curso.

A actividade conta co patrocinio de Augasana, Froitas Carmiña, Atmósfera Sport e Pady Sport e a organización da empresa de deporte NOKO 360.

DÍA DO AUTISMO 2024

O 2 de abril é o día de concienciación sobre o autismo para construir unha sociedade máis inclusiva.

O alumnado de educación infantil e o 1º ciclo de primaria tiveron a lectura colectiva do conto Tea o cal ofrece unha experiencia inmersiva para empatizar coas persoas que teñen o Trastorno de Esprecto Autista. Ten unhas gafas para coñecer as principais alteracións.

 

CHARLA E SAÍDA BOSQUE ATLÁNTICO: 6º Primaria

Charlas organizadas polo Concello de A Guarda para os centros da vila.

Son impartidas polo educador ambiental Marcos Guisandes para que o alumnado coñeza as características do bosque atlántico e as especies arbóreas. 

Ademáis tamén tiveron un xogo da oca cos nomes das árbores en galego.

 Tamen tiveron unha saída ao Campus das Lagoas en Vigo para un percorrido para ver as especies de árbores traballadas no colexio.

Distribuir contido


by Dr. Radut