Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

PATIOS DINÁMICOS: FEBREIRO 2024

No patio de primaria, na hora do recreo dos mércores, xogamos a...

Preme nas imaxes para ver o ben que o pasamos coas propostas do equipo de Patios Dinámicos.

BÚSQUEDA DE CARACOIS. EDUCACIÓN INFANTIL

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2024: 23 de febreiro

O 24 febreiro recordamos a vida e obra da escritora galega Rosalía de Castro.

O equipo de Dinamización da Lingua Galega creou un encrucillado para cubrir entre todos os cursos: CANTO SABES DE ROSALÍA?

 

 

DÍA DA LINGUA MATERNA 2024: 21 de febreiro

O Día da Lingua Materna conmemora o uso das linguas: falalas, escribilas, escoitalas, cantalas, observalas, sentilas...

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega propuxonos facer un muro coas palabras fermosas do galego.

 

RADIO TREBOADA: DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ 2024

Programa para conmemorar o Día Escolar da Non Violencia e da Paz 2024.

Realizado en colaboración co alumnado de 5º de primaria como traballo de investigación sobre persoas relevantes e cancións relacionadas con este día.

Agradecemos a todos/as os/as artistas e grupos a posibilidade de empregar os seus temas neste programa:

 

Gaudi Galego (2014). Chea de vida.

Rozalén (2017). Girasoles.

Jarabe de Palo (2014). Somos.

Pablo López (2015). Tu enemigo.

Amaral (2002). Rosa de la paz.

Antonio Flores (1980). No dudaría.

Bob Dylan (1963). Masters of War

Michael Jackson (1992). Heal the World

John Lennon (1971) Imagine

Macaco (2015) Hijos de un Mismo Dios

 

 Preme na seguinte URL para escoitar o programa:

https://go.ivoox.com/rf/124572974

 

 

CHARLA DIVULGATIVA DE EDUCACIÓN VIAL EN BIBLIOSOLANAS

BiblioSolanas acolle unha charla divulgativa dun membro da Garda Civil de Tráfico de O Porriño sobre seguridade vial.

O alumnado do 2º e 3º ciclo asiste para coñecer as medidas que garantan un bo funcionamento da circulación como peóns, pasaxeiros/as ou conductores/as.

Preme na imaxe.

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA: 11 de febreiro

O 11 de febreiro é o día internacional da muller e a nena na ciencia e dende BiblioSolanas o conmemoramos con xogos de Memory, Dominó e investigación de mulleres científicas internacionais e nacionais.

EDUCACIÓN INFANTIL 1º DE PRIMARIA
2º E 3º DE PRIMARIA 5º E 6º PRIMARIA
 

DÍA DA AMIZADE 2024: 14 de febreiro

Dende o equipo de Dinamización da Lingua Galega propuxeron a todo o alumnado que escribise unha mensaxe de amizade a un/unha compañeiro/a do colexio.

Ninguén sabía a quen ían dirixidas as súas palabras pois todas acabarían nunha caixa e o azar faría o resto...

O Día da Amizade, a mestre Nerea repartíu fermosas mensaxes de amor por todo o colexio.

FESTEXAMOS OS ANIVERSARIOS DE ENERO E FEBREIRO EN BIBLIOSOLANAS

BiblioSolanas festexa os aniversarios de principios de ano.

O alumnado axudante de biblioteca fai entrega dun agasallo aos nenos e nenas que cumpriron anos.

O agasallo é un xogo "cruz ou raia" segundo o PDI deste ano "Xogos".

ALUMNADO DE 

INFANTIL

ALUMNADO DE 

PRIMARIA

"SOLO UN PUNTIÑO". AULA DE 3 ANOS

Distribuir contido


by Dr. Radut