Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

RICIÑOS DE OURO E OS 3 OSIÑOS. AULA DE 3 ANOS

PECHE DO 2º TRIMESTRE

VOLTAMOS O 2 DE ABRIL

VISITA AO CEIP PINTOR ANTONIO FERNÁNDEZ EN GOIÁN: Educación Infantil

O alumnado de educación infantil devolve a visita aos seus/suas compañeiros e compañeiras do CEIP Pintor Antonio Fernández de Goián.

DÍA DA ÁRBORE E A POESÍA: 21 de marzo 2024

O equipo de Biblioteca en colaboración co equipo Medioambiental, propuxo unha actividade creativa e dinámica para o 21 de marzo festexar o Día da árbore e da Poesía creando unha árbore coas nosas mellores palabras da natureza.

 Preme nas imaxes para ver o vídeo.

OBRADOIRO DE RADIO PARA ALUMNADO DE 5º PRIMARIA E PROFESORADO

Damián Alonso, actor de drobaxe e monogolista, estivo co alumnado de 5º de primaria e algunhas das mestres do noso colexio para facer un obradoiro de radio escolar.

 

Programa creado polo alumnado de 5º de primaria durante o obradoiro impartido polo actor de dobraxe e monologuista Damián Alonso.

https://go.ivoox.com/rf/126878487

Programa no que se inclúen as entrevistas realizadas ao alumnado de 5º de primaria durante o obradoiro de radio levado a cabo por Damián Alonso.

https://go.ivoox.com/rf/126879941

NOVO PINCHI EN BIBLIOSOLANAS

NA HORA DE EDUCACIÓN FÍSICA: PISCINA

O alumnado de 3º ciclo comezou no mes de marzo a ir a piscina municipal nun hora semanal de educación física.

Esta actividade é ofertada polo Concello de A Guarda aos centros públicos da vila.

 

SAÍDA AO AEROPORTO DE VIGO

No mes de abril o alumnado de primaria vai ir coñecer o aeroporto de Vigo.

Patricia é auxiliar de vó na compañía aérea Iberia e tamén nai dun neno do noso colexio. Hoxe víu a mostrarnos como é o seu avión, o seu traballo e o que imos atopar no aeroporto. Grazas pola visita e os agasallos.

   

Preme nas imaxes para ver a súa visita.

INVESTIGAMOS ENFERMIDADES: alumnado de 6º de primaria

As enfermidades poden ser infecciosas e non infecciosas.

O alumnado de 6º de educación investiga diferentes enfermidades.

 

Preme na imaxe para ver os nosos traballos e presentacións.

Distribuir contido


by Dr. Radut