Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Programa de Radio Treboada 25-febreiro-2022

E aquí está de novo... RADIO TREBOADA!!
Desta vez, un programa adicado en exclusiva a Rosalía de Castro.
Non queríamos celebrar esta conmemoración nun único día (o 23 de febreiro), senón que decidimos traballar esta gran figura galega, creando como produto final este programa!
Coma sempre, cheo de información de interese, pero que desta vez incorpora unha entrevista moi especial e, sobre todo, uns novos (MOI NOVXS) participantes: os nenxs de primeiro de primaria!!!
Escoitádenos dándolle ao "play"!
Desexámosvos un bo entroido e... despois dun merecido descanso, emitiremos o próximo programa o 11 de marzo! E xa temos temática! Adiviñádela??
Ata a próxima treboeiros/as!

 

ENTROIDO 2022

DIRECTRICES DE HARRY POTTER

 

LUNS: “Se en Hogwarts queredes entrar… un gorro de mago na testa debedes levar”

MARTES: “Por se dos mestr@s vos tedes que esconder, unha capa máxica teredes que traer!”

MÉRCORES: “ Para uns bos feitizos poder facer, da túa varita, non te debes esquecer!”

XOVES: “Podes vir da personaxe máxica que mais che guste a ti!”

 

 

 

VENRES: “Hoxe coa túa maxia deberás sorprender, escollendo libremente en que te vas a converter!”

 

Para rematar o Entroido 2022, tivemos xogos de mesa e xogo ao aire libre.

DÍA DE ROSALÍA: 23FEBREIRO

Rosalía de Castro foi unha escritora galega que potenciou e valorizou a literatura no idioma galego.

O equipo de Dinamización da Lingua Galega invitou a todo o alumnado a participar na conmemoración do seu nacemento cunha serie de actividades; careta coa cara de Rosalía e audición do poema "Resposta a Rosalía" (Galicia Infida-Florencio Delgado Gurriaran).

Ademáis o Concello de A Guarda invitou ao alumnado de 3º e 4º de primaria a "Rosalía cantareira" coa musicalización de poemas de Rosalía coa artista Irene Silva, quen rematou a súa visita no noso colexio cunha entrevista en Radio Treboada polo alumnado de 4ºB.

Lectura dun poema a Rosalía de Castro polo alumnado de primaria na hora de ler.

Obradoiro "Rosalía Cantareira" polo alumnado de 3º e 4º de educación primaria

 

DIA DA LINGUA MATERNA: 21 DE FEBREIRO

O día da Lingua Materna ten como obxecitvo promover o plurilingüísmo e a diversidade cultural.

Solanas únese a esta celebración dende o seu equipo de Dinamización Lingüística para promover a transmisión da lingua galega.

O alumnado e profesorado do colexio pon nas súas linguas a reinvindicación da lingua galega como ferramenta para abrir ao mundo parte das súas raíces.

Programa de Radio Treboada 18 de febreiro 2022

É venres e... xa volveu! Xa está aquí de novo! Xa se poden escoitar os tronos! Xa volve ás ondas... RADIO TREBOADA!!

Un programa cheo de información interesante...?
NON!
Un programa cheo de información... SÚPER, MEGA, EXTRA, HIPER...INTERESANTEEEE!

Agardamos que vos guste!
Adiante programa!

(E ata o próximo venres!!)

PD.: Moitísimas grazas pola visita e formación que nos deu Luís Pardo, locutor da Cadena SER de Santiago. Foi una auténtica pasada! Oxalá nos visites de novo!

INVERNADOIRO SOLANAS 2022

O invernadoiro é un proxecto moi desexado por toda a Comunidade Educativa do noso colexio.

Despois de moitos anos coa idea por fin podemos ampliar a na nosa horta escolar con máis bancais. Ademais que ao ter un lugar pechado vai permitir o cultivo de plantas ao longo de todo o ano.

Grazas ao alumnado de 6º de primaria polo seu esforzo en mellorar o colexio.

Grazas a Miguel conserxe e ao profe Jorge pola súa implicación total no proxecto.

Nuns meses esperamos ter unha boa colleita.Sorriso

Día da Radio

     
 

13 de febreiro - Día Mundial da Radio

Que fixemos no cole para conmemorar tal data?

3, 2, 1... DENTRO VÍDEO

 
     

14 FEBREIRO. DÍA DA AMIZADE

O equipo de Dinamización Lingüística nos deixou pócimas da amizade nas clases.

Cada neno e nena cubría ou debuxaba os seus ingredientes para a súa pócima da amizade.

Na entrada do colexio de primaria tíñamos un cofre para depositalas.

Ao día seguinte poderemos coller unha ao chou e levala para casa.

11 FEBREIRO 2022. DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Con este día queremos visibilizar o traballo das mulleres que se dedican as áreas STEM, creando referentes femininos para a infancia.

Preténdese alcanzar a igualdade de xénero no ámbito ciéntifico.

Programa de Radio Treboada 11 de febreiro 2022

É venres e todos sabemos que... Radio Treboada emite o seu programa!
Hoxe non é un venres calquera. Hoxe é venres 11 de febreiro! Sabedes que significa iso? Que hoxe se conmemora o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia!
É por iso que decidimos que este programa versaría sobre este gran día. Nós tamén queremos conmemoralo!
Xa sabedes, dádelle ao "play" e... a gozar coa información que nos traen os treboeiros/as!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut