Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

PROXECTO ÁFRICA. AULA DE 4 ANOS.

Firma de libros con Ledicia Costas

       
  

Tal e como anunciou Radio Treboada no seu cuarto programa, o sábado día 5 Ledicia Costas estivo nunha libraría da Guarda firmando libros.
Aquí tedes a algúns alumnos/as que non quixeron perder tal ocasión! Vaia emoción levaron!

  
   
     

 

RECOLLIDA DE PILAS

Programa de Radio Treboada 4-febreiro-2022

Aquí está de novo... RADIO TREBOADAAA!!
De feito, houbo unha grande treboada no colexio que... animáronse a participar tanto 3º coma 6º de primaria!! Xa somos 4 as clases que traballan a cotío para elaborar este programa semanal.
MOITAS GRAZAS!
Xa sabedes, dádelle a "play" e... desfrutade informándovos das noticias, curiosidades e tolarías que compoñen o programa de... Radio Treboada!

 

Saímos no Faro de Vigo!

       
 

O pasado día 29 de xaneiro saíu unha noticia sobre a volta de Radio Treboada ás ondas!

Que ledicia tivemos tod@s! Ademais, na noticia, facíase eco das boas novas que ten a nosa biblioteca. Non vos contamos mais para que as leades e os poidades sorprender!

Podedes premer aquí para acceder á noticia.

 
 

 
     

DIA DA PAZ 2022

CON PAZ A VIDA É MAXIA

Hedwing era o moucho e compañeiro máxico de Harry Potter. Cada neno/a lle fixo unha pluma cunha mensaxe desexo de boas accións e pensamentos de paz.

 

 

O alumnado de primaria aprendeu nun obradoiro de origami a facer pombas da paz

MAQUETAS METEOROLÓXICAS 5º PRIMARIA 2022

Unha estación meteorolóxica é unha instalación destinada a medir e rexitrar regularmenre diversas variables meteorolóxicas.

O alumnado de 5º primaria crearon as súas propias estacións;

 

Programa de Radio Treboada 28 de xaneiro 2022

De novo, Radio Treboada volta ás ondas!
Desta vez, para conmemorar un día moi especial no calendario: o 30 de xaneiro, Día Escolar da Non Violencia e da Paz.
Este é un programa moi especial, non unicamente pola súa temática, se non porque é o primeiro programa no que se unen outras clases!! Neste caso, os estudantes de 4ºB!! Ademais, temos unha entrevista moi importante, á par que morriñenta por terlle que dicir "adeus" a unha persoa moi especial para o conxunto do cole.
Dalle ao "play" e... escoita o terceiro programa de Radio Treboada!!

 

Programa de Radio Treboada 21-Xaneiro-2022

 Segundo programa de Radio Treboada!!!
E, desta vez, centrado nunha icona da música a nivel mundial.
A ver se adiviñades quen é....  coñécese como o "Camaleón do rock", o "Delgado duque branco", "Halloween Jack" e moitos nomes máis!!!

Estámonos referíndo a... David Bowie!!!
Agardardamos que vos guste!
Oxalá xa podamos emitir un novo programa a próxima semana!!
Viva Radio Treboada!!

Distribuir contido


by Dr. Radut