Skip to Content

Ed. física

Xogamos a Sangue

Ao longo desta semana, con motivo da celebración do Día de Europa (9 Maio), nas clases de E.F. xogamos ao xogo popular coñecido polo nome de Sangue ou Pés quedos, aproveitando uns petos coas bandeiras e nomes dos países da Unión Europea feitas hai uns anos polo alumnado de 6º de Ed. Primaria.

Para escoller as bandeiras primeiro tratan de adiviñar de que país se trata. Unha vez repartidos os petos, o representante de España, comeza o xogo no centro e lanza a pelota ó tempo que di o nome doutro país. O escollido recóllea o máis axiña que pode e os demais escapan. Cando a colle berra: Sangue! e os demais fican parados no sitio.

O xogador que ten a pelota dá tres saltos cara a outro xogador e lánzalle a pelota. Se lle dá, terá unha falta (ferido) e se non lle dá non hai feridos.

As faltas poden ser tantas como acordemos ó principio do xogo: ferido, grave, moi grave, en coma, morte, zombi, cenizas... segundo a creatividade dos participantes.

Adestrando con Carlos Morales

Tivemos a sorte de ter no cole a visita de Carlos Morales, Director e adestrador da Escola de Marcha atlética da Federación Galega de Atletismo.

En dúas ocasións os nosos marchadores e marchadoras de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria recibiron unhas clases de técnica moi divertidas. De feito, están desexando que volva outra vez.

 

VOLEIBOL

REPASA O APRENDIDO NA CLASE NESTES ENLACES:

 

CAMPIONATO DE BRILÉ

O alumnado de 3º, 4º e 5º de Ed. Primaria están participando nun campionato de Brilé no tempo de lecer cuxo obxectivo principal é fomentar a realización de actividades físicas como estilo de vida saudable.

Na fotografía podemos ver aos equipos Amigochis e Supervivientes de 3º Ed. Primaria.

CAMPEONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS

O pasado 12 de Marzo, as nosas atletas da categoría alevín feminino obtiveron como premio á súa entrega a asistencia ao campeonato galego de campo a través, un campeonato reservado aos mellores atletas da nosa comunidade. Esta hazaña é ainda maior tendo en conta que na cita da Estrada éramos o único colexio como tal presente no medio de todos os mellores clubs de atletismo da nosa comunidade. Brillante colofón por parte de María, Carla, Carmen, Amanda, Aroa e Luna a unha primeira parte da tempada que se saldou cun sexto posto por equipos neste campeonato autonómico (anteriormente venceran na fase comarcal e quedaran segundas no provincial). Comeza agora a tempada de pista en donde estas fabulosas atletas e os seus compañeiros intentarán dar o millor de sí. En calquera caso só se lles pide unha cousa, que disfruten co que fan. Aquí tedes un enlace (pinchade na foto) á galería fotográfica desta proba.

CAMPO A TRAVÉS- CAMPEONATO PROVINCIAL

Logo dos excelentes resultados obtidos polo noso cole na fase comarcal celebrada no pasado mes de Decembro, o colexio acudía o pasado 13 de Febreiro a Baiona para disputar o campeonato provincial con tres equipos. O mellor clasificado deles foi o alevín feminino que obtivo a segunda posición final, o cal lle da o pase ao campeonato galego que se disputará o día 12 de Marzo en A Estrada. Gran mérito sen dúbida o desta clasificación tendo en conta que se competiu contra clubs de grande prestixio que se adican integramente ao atletismo. O equipo alevín masculino quedou ás portas desa clasificación mentras que o infantil feminino tivo tamén un destacado papel nunha competición dura marcada polo barro e a intensa choiva que non deu tregua aos corredores.

Premer na imaxe para ver a galería de fotos completa

CARREIRA SOLIDARIA SAVE THE CHILDREN

O 10 de Decembro celébrase o día dos Dereitos Humanos. No CEIP VALLE INCLÁN DO GROVE o fixemos días despois debido as inclemencias do tempo cunha carreira solidaria na que as familias foron os patrocinadores dos seus fillos contribuíndo a loita contra a desnutrición infantil.

Preme na imaxe para ver o vídeo resumo do evento.

 

Máis información en:

http://vivirtocandoomar.blogspot.com.es/2015/12/carreira-solidaria-save-children.html

A MARCHA ATLÉTICA

Os alumnos de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria imos comezar a preparar varias probas de atletismo, entre elas, a marcha atlética. Preme na imaxe para ver a técnica desta modalidade.

 

 

CAMPO A TRAVÉS- FASE COMARCAL

Recentemente o noso centro ven de participar na fase comarcal da competición de campo a través que organiza a Xunta de Galicia a través do programa "XOGADE". Ademáis de pasar unha mañá divertida facendo deporte, os máis de 60 nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Primaria do noso colexio desplazados ata Portas  obtiveron uns magníficos resultados que os vai levar a participar a moitos deles na seguinte fase, a provincial, no mes de Xaneiro.

ADESTRANDO CON MANOLO

Durante os días 27, 30 de Novembro e 2 de Decembro tivemos a visita do adestrador de baloncesto do Grove, Manolo. O alumnado de 2º, 3º e 4º de Educación Primaria aproveitaron e aprenderon os segredos do baloncesto e o máis importante, valores como a deportividade e a amizade.

Distribuir contido


by Dr. Radut