Skip to Content

Dependencias

Espazos e dependencias do Centro

O Ceip Valle Inclán ocupa unha superficie total de máis de 5.000 metros cadrados. No espazo exterior  destaca o enorme patio de lecer, a carón mesmo da ría de Arousa, no que atopamos diferentes canchas para practicar deporte, un espazo de xogo acotado para os alumnos de Infantil, un ximnasio, no que se desenrolan a maior parte das clases de Ed Física e aquelas actividades conxuntas nas que participa todo o Centro a modo de salón de actos ocasional, un patio cuberto a carón do anterior, unha ampla zona axardinada con árbores usada a miudo  para actividades prácticas que teñen que ver sobre todo coa área de Coñecemento do Medio e por último un pequeno aparcadoiro.

         No edificio principal, ademáis das aulas nas que se ubican as quince titorías de alumnos existentes, dispoñemos, entre outras estancias propias de calquera centro educativo, de biblioteca, laboratorio, aula de Informática, aula maker, dúas aulas de idiomas, unha de relixión e outra na que se imparten  as clases de psicomotricidade para os máis pequenos. Neste mesmo edificio contamos ademáis con dúas salas para albergar o comedor escolar.

         Por último, no edificio administrativo, ademáis dos despachos  atopamos a oficina de atención ao público, unha sala de xuntas, un local cedido a Anpa e un aula na que se imparte a área de música.

Distribuir contido


by Dr. Radut